InicioSociedadeA Fiscalía pide apertura de xuízo oral a sete membros dos 'Miguelianos'

A Fiscalía pide apertura de xuízo oral a sete membros dos ‘Miguelianos’

Entre eles está o suposto líder, Miguel Rosendo, pero non Marta Paz, até agora considerada a súa "man dereita".

PUBLICADO O

- Advertisement -

A Fiscalía Provincial de Pontevedra solicitou a apertura de xuízo oral respecto de sete membros da Orde e Mandato de San Miguel Arcanxo, na causa dos ‘Miguelianos‘, entre eles, o propio líder, Miguel Rosendo.

En concreto, a Fiscalía solicita a confirmación do auto de conclusión de sumario, así como a apertura de xuízo oral, ademais de para Miguel Rosendo, líder e fundador da orde, para Ivana Lima, superiora das consagradas; Iria Quiñones, consagrada; Esteban R. M., pai xeral dos consagrados e persoa de confianza do líder; José Carlos A.M.; Belén E.F., vogal da xunta directiva; e Dolores E.L., fiscal da orde.

A través dun comunicado de prensa, membros da extinta Orde, en referencia ao escrito do Fiscal, destacan que a solicitude de apertura de xuízo oral “non se fai extensiva” a outros integrantes da congregación como Marta Paz. No momento no que se produciu o peche do sumario, o Xulgado de Instrución 1 de Tui dirixía a causa contra 17 persoas.

A Orde chegou a ter uns 400 seguidores no seu momento álxido e tiña o seu centro de operacións nun chalé en Santa María de Oia (Pontevedra). Na primavera de 2014 os seus integrantes foron expulsados polas autoridades eclesiásticas e un grupo reducido trasladouse a dúas sedes en Madrid.

Miguel Rosendo e Marta Paz foron detidos o 11 de decembro de 2014 en Madrid, tras o que el foi enviado a prisión e ela quedou investigada con obrigación de comparecencias semanais. Días despois, o bispo de Tui-Vigo, Luís Quinteiro Fiuza, asinou o decreto de supresión da Orde e Mandato.

Os consagrados negaron todos os delitos que se investigan. Nunha rolda de prensa ofrecida este venres, varios dos consagrados que pertenceron á Orde, entre eles mulleres investigadas na causa dos ‘Miguelianos’ negaron os abusos sexuais e ser “vexadas, humilladas nin manipuladas” polo líder. Defenderon que o líder “é inocente, as consagradas non eran pseudo-monxas e a Orde non era unha seita destrutiva e satánica”.

O líder da Orde e Mandato de San Miguel Arcanxo, Miguel Rosendo, fora procesado polo Xulgado de Tui por un delito de asociación ilícita, 24 delitos continuados contra a integridade moral, un de agresión sexual, 25 de abusos sexuais, un continuado contra a Facenda Pública e un continuado de branqueo de capitais.

ÚLTIMAS

Falece Gonzalo Caballero Álvarez, irmán do alcalde de Vigo e pai do exlíder do PSdeG e

Gonzalo Caballero Álvarez, pai do exsecretario xeral do PSdeG Gonzalo Caballero Míguez e irmán...

Un choque de dúas lanchas remata con dous feridos en Baiona

Dúas lanchas motoras chocaron este mércores no porto deportivo de Baiona e deixaron dúas...

A Universidade de Vigo aproba o convenio para descentralizar Medicina baixo a ameaza dunha “cláusula de saída”

O consello de goberno da Universidade de Vigo (UVigo) aprobou este martes por asentimento...

Dúas persoas feridas nun choque entre dúas lanchas motoras no porto de Baiona

Dúas persoas resultaron feridas este mércores ao chocar dúas lanchas motoras en Baiona, segundo...