InicioSociedadeA UVigo celebra un congreso de nanofotónica para promover o contacto entre...

A UVigo celebra un congreso de nanofotónica para promover o contacto entre investigadores e difundir os seus resultados

Esta disciplina aborda o control, a manipulación e a explotación da luz a nanoescala.

PUBLICADO O

- Advertisement -

O Centro de Investigacións Biomédicas de Galicia (Cinbio), pertencente á Universidade de Vigo (UVigo), impulsa un congreso de nanofotónica —unha disciplina que aborda o control, a manipulación e a explotación da luz a nanoescala— para promover o contacto entre científicos españois e difundir os seus resultados.

O simposio, que conta cun cento de participantes, unha cifra similar á da última edición celebrada de modo presencial, deu comezo este luns e desenvolverase ata este mércores, segundo detallou a universidade.

En concreto, foi organizado polos grupos de investigación FunNanoBio e TeamNanoTech do Cinbio e aspira a representar un medio para “axudar á comunidade científica a ser máis visible e dinámica”. Así, reunirá a todos os grupos que realizan investigación en nanofotónica en España e outros lugares con interese para o seu traballo.

O evento foi inaugurado este luns polas organizadoras do evento, Isabel Pastoriza e Sara Núñez, e Lluis Marsal, da Conferencia Española de Nanofotónica (CEN). Precisamente, estas investigadoras sinalaron que esta disciplina representará unha das tecnoloxías “claves do futuro” e poderá permitir mellorar a calidade de vida e loitar contra o cambio climático mediante “células solares cada vez máis eficientes”.

Ademais, o evento acollerá 69 relatorios e a invitados estranxeiros como as catedráticas Teri W. Odom da Universidade de Northwestern, en Estados Unidos, Silvia Vignolini; da Universidade de Cambrigde; e a doutora Irene Fernández-Custa; da Universidade de Hamburgo, en Alemaña. Deste xeito, abarcaranse distintos temas relacionados coa nanofotónica, os metamateriais e a óptica de sublongitud de onda.

ÚLTIMAS

As familias do EEI Vila Laura saen á rúa para esixir á Xunta unha profesora de apoio

Nais e pais, docentes e alumnos do EEI Vila Laura de Vigo saíron este...

A Fiscalía pide ano e medio de prisión para un home acusado de acosar con insultos homófobos a un traballador en Vigo

Un home de 39 anos enfróntase a unha petición fiscal de ano e medio...

Condenan ao Concello de Vigo por incumprimentos en materia de riscos laborais e debe indemnizar a 4 funcionarios

O Tribunal de Instancia de Vigo, Sección Social, praza 3, condenou o Concello de...

Tres mergulladores denunciados en Vigo por capturar polbo de talla inferior e extraer case seis quilos de bivalvos

A Policía Local de Vigo denunciou nos últimos días a tres persoas por irregularidades...