InicioEconomíaXunta, Porto e Zona Franca constituirán unha entidade para xestionar os servizos...

Xunta, Porto e Zona Franca constituirán unha entidade para xestionar os servizos xerais da Plisan

As partes reuniranse de novo o 23 de setembro.

PUBLICADO O

- Advertisement -

A Xunta de Galicia, a Autoridade Portuaria de Vigo e o Consorcio da Zona Franca de Vigo expuxeron a constitución dunha entidade para xestionar os sistemas xerais da Plataforma Loxística de Salvaterra-As Neves (Plisan), coa colaboración destes dous concellos.

Así, os representantes destas institucións mantiveron este luns unha reunión na que explicaron aos rexedores municipais a forma de colaboración prevista e entregáronlles unha proposta de acordo para que a estuden. As partes volverán reunirse o 23 de setembro.

Esa proposta de acordo prevé que, unha vez terminadas as obras de urbanización das fases 1 e 2 da Plisan, cederase aos municipios os viarios, zonas verdes e espazos libres executados. Mentres, os equipamentos como a depuradora e a potabilizadora seguirán sendo xestionadas temporalmente polos promotores da Plisan.

Con respecto á conservación e mantemento destas infraestruturas, Xunta, Porto e Zona Franca constituirán unha entidade de xestión dos servizos xerais. Mentres non se constitúa, esas tres institucións asumirán o mantemento.

Na reunión, o director xeral do IGVS, Heriberto García, explicou que a Plisan incluíuse na modificación do plan sectorial de ordenación de áreas empresariais de Galicia, que se atopa en tramitación, coa que se volven a incluír máis dun millón de metros cadrados ao ámbito da Plataforma Loxística Industrial.

ÚLTIMAS

“A indiferenza tamén é violencia”: Vigo sae á rúa baixo a choiva para defender as persoas sen fogar

Decenas de persoas protestaron na tarde deste venres en Vigo contra a aporofobia e...

Denuncian a eliminación de vexetación nun humidal de Vigo: “Non hai persoas nin vehículos que circulen baixo esas árbores”

A plataforma veciñal Barreiro Ladra denunciou a realización de rozas nun humidal de Vigo,...

Cayetana Álvarez de Toledo tenta convencer aos vigueses do “cambio necesario” con Feijóo

A número 2 da candidatura do PP por Madrid, Cayetana Álvarez de Toledo, participou...

Zona Franca inclúe na ampliación do polígono de Balaídos un “pulmón verde” de máis de 70.000 metros cadrados

O Consorcio Zona Franca de Vigo avanza co proxecto de ampliación do parque empresarial...