InicioSociedadeO BNG esixe a Elena Espinosa "que dea a cara" para explicar...

O BNG esixe a Elena Espinosa “que dea a cara” para explicar o “caos” do servizo de bombeiros

O edil nacionalista Xabier Pérez Igrexas esixe ao Goberno local "información veraz e transparente", así como as medidas que prevén adoptar.

PUBLICADO O

- Advertisement -

O BNG de Vigo esixiu este luns ao goberno de Abel Caballero e á concelleira de Seguridade, Elena Espinosa, “que dean a cara” e expliquen o “caos” do servizo de bombeiros e as medidas que prevén adoptar para resolver as “graves deficiencias” que presenta.

Así, o edil nacionalista Xabier Pérez Igrexas explicou que solicitará a comparecencia de Espinosa para informar da situación do servizo, afectado por un “problema estrutural” de escaseza de persoal, que levou ao peche do parque de Coruxo en varias ocasións.

Segundo incidiu, ese peche supón deixar “á metade da cidade” desprotexida, porque se incrementan os tempos de resposta ante eventuais emerxencias. Así mesmo, recalcou que o incumprimento do número mínimo de efectivos que deben estar operativos (son 20 segundo un decreto do propio goberno municipal) é “unha constante”.

Por iso, reclamou á concelleira socialista que achegue “información veraz e transparente” sobre a “situación real” deste servizo, e esixiu ao goberno local que “actúe xa” para evitar esta situación de “total e absoluto caos” nun servizo de emerxencia esencial na cidade.

ÚLTIMAS

A concelleira de Seguridade de Vigo rexeita dimitir á espera da sentenza do caso Saltamontes: “Non está nas nosas mans”

A concelleira de Seguridade do Concello de Vigo, Patricia Rodríguez, recoñeceu estar "pendente" do...

O novo contrato de ‘renting’ dos coches da Policía Local custará 3,4 millóns ata 2030

A Xunta de Goberno Local do Concello de Vigo adxudicou este venres, por 3,4...

Así operaba unha organización internacional de tráfico de armas detectada en Peinador

A detención en outubro de 2025 dun pasaxeiro no aeroporto vigués de Peinador, tras...

A Acampada de Vigo pide a Xunta e Concello solución habitacional para 10 persoas que pasan a noite na Alameda

A Acampada pola Vivenda de Vigo dirixiuse ao Concello e á Xunta para solicitar...