InicioSociedadeChega a porto o pesqueiro "Manuel Laura", cun caso de Covid e...

Chega a porto o pesqueiro “Manuel Laura”, cun caso de Covid e varios sospeitosos de estar contaxiados

Segundo a CIG, que pide investigar e denunciar os feitos, o pesqueiro foi "expulsado" de Irlanda tras coñecerse que había un caso positivo de Covid a bordo.

PUBLICADO O

- Advertisement -

O pesqueiro de capital galego e bandeira británica ‘Manuel Laura’, cuxa tripulación é maioritariamente da zona do Morrazo, atracou na tarde deste martes no porto de Vigo, procedente de Irlanda, de onde, segundo o sindicato CIG, foi “expulsado” tras coñecerse que había un caso positivo de Covid a bordo.

O barco atracou á primeira hora da tarde na terminal viguesa, onde permanece illado, e a previsión é que toda a tripulación sexa sometida a probas PCR, dado que, á marxe do positivo confirmado, a maior parte dos 12 mariñeiros presentan síntomas compatibles coa infección, segundo explicaron fontes sanitarias e do sindicato nacionalista.

A CIG informou de que a tripulación do arrastreiro vacinouse antes de saír cara a Gran Sol e que, estando xa en plena travesía, un dos seus tripulantes comezou a sentirse indisposto. Segundo denunciou, á súa chegada ao porto irlandés de Castletownbere, as autoridades denegáronlles auxilio, a pesar de que esta obrigación se recolle no Regulamento Sanitario Internacional.

Segundo Xavier Aboi, estes mariñeiros sufriron “presións, ameazas veladas e suxestións” por parte das autoridades irlandesas, que lles aseguraron “que non había ambulancias dispoñibles nin taxis para casos de Covid”. “Negáronse a prestarlles asistencia médica e o único que conseguiron foi que unha enfermeira subise a bordo a facer unha PCR, coa que se confirmou o positivo”, sinalou.

A CIG denunciou que, finalmente, o barco “foi obrigado a abandonar o porto e iniciou o seu regreso a Galicia”, e esixiu á Xunta e ao Goberno central que investigue o ocorrido e, no seu caso, adopte medidas tras esta “chantaxe” de Irlanda.

ÚLTIMAS

“Tiven que vivir na rúa dentro dun coche, co meu fillo menor de idade e dous gatos”, di unha estafada

Un estafador reincidente, condenado ata en tres ocasiones por casos similares, asegurou que descoñece...

Dúas persoas trasladadas ao hospital tras un incendio nunha vivenda en Samil

Dúas persoas tiveron que ser evacuadas este luns a un centro hospitalario por inhalación...

O BNG denuncia “opacidade” no custo do desfile das Forzas Armadas e o peche das Travesas

O BNG de Vigo denuncia a "opacidade" do goberno local de Abel Caballero sobre...

Vigo recibe este martes a súa primeira tripla escala de cruceiros con máis de 7.500 turistas

O Porto de Vigo acollerá este martes, día 22 de abril, a súa primeira...