InicioMedio Ambiente e PatrimonioActivistas reclaman a Serra do Suído como Espazo Natural Protexido para loitar...

Activistas reclaman a Serra do Suído como Espazo Natural Protexido para loitar contra os eólicos

O colectivo A Rente do Chan-Pladever fixo un acto de protesta no que colgaron unha pancarta nunha torre de 30 metros de altura.

PUBLICADO O

- Advertisement -

Suído Rede Natural Xa! Esta é a protesta que se pode ler nunha pancarta que o colectivo A Rente do Chan-Pladever colgou dunha torre anemométrica de 30 metros nun acto o pasado 29 de xullo. Con este acto, no que tamén participou o colectivo SOS Suído Seixo, o grupo activista reivindica a Rede Natura como figura de protección dos montes. 

Dende o colectivo A Rende do Chan-Pladever consideran que a proliferación de proxectos eólicos por toda Galicia “é un despropósito medioambiental e patrimonial“. En concreto, denuncian que a Serra do Suído “xa soporta moita infraestrutura eólica e representa un dos últimos redutos naturais da provincia de Pontevedra”. 

O expediente de declaración da Serra do Suído como espazo Natural Protexido a través da Rede Natura leva paralizado dende o ano 2007, polo que o colectivo reclama alternativas de desenvolvemento sustentable para a conservación destes hábitas.

Unha torre do Monte do Ceo, no concello de A Lama, foi o lugar elixido para colocar unha pancarta coa que denunciar “o espolio enerxético” e reclamar a Rede Natura para a rede do Suído. A colocación do cartel, que se celebrou ás 19.30 horas, foi levada a cabo por dúas persoas escaladoras sen ocasionar ningún tipo de dano á infraestrutura, como explicou o colectivo ecoloxista. 

ÚLTIMAS

Dúas persoas trasladadas ao hospital tras un incendio nunha vivenda en Samil

Dúas persoas tiveron que ser evacuadas este luns a un centro hospitalario por inhalación...

O BNG denuncia “opacidade” no custo do desfile das Forzas Armadas e o peche das Travesas

O BNG de Vigo denuncia a "opacidade" do goberno local de Abel Caballero sobre...

Vigo recibe este martes a súa primeira tripla escala de cruceiros con máis de 7.500 turistas

O Porto de Vigo acollerá este martes, día 22 de abril, a súa primeira...

A Xunta e Vicus Gallaecia analizan os retos da mobilidade e urxen un calendario para o AVE Vigo-Porto

O conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes, Diego Calvo, participou este luns nun encontro...