InicioSucesosDous accidentes de tráfico este mércores en Vigo e en ambos participaron...

Dous accidentes de tráfico este mércores en Vigo e en ambos participaron condutores bébedos

PUBLICADO O

- Advertisement -

Continúan a ser advertidos pola Policía Local de Vigo condutores ebrios diariamente. Nalgúns casos, incluso hai que sumar que perderan o carné en anteriores ocasións, sendo reincidentes, ou participar en accidentes e infraccións de tráfico.

Deste xeito, a noite deste mércores produciuse un accidente sen feridos entre tres turismos, ás 21.40 na rúa Arenal, e no momento da identificación os axentes da Policía Local comprobaron que unha das condutoras presentaba claros síntomas de atoparse baixo os efectos do consumo de bebidas alcohólicas, tratándose dunha muller de 36 anos de idade.

Tras realizarlle a proba preceptiva de determinación do grado de impregnación alcohólica, esta arroxou un resultado positivo en ambas probas, as cales superaron o limite penal establecido. A condutora foi encartada en dilixencias xudiciais en calidade de investigada por un presunto delito contra a Seguridade Vial.

Tamén deu positivo en alcoholemia o condutor doutro turismo, tras un accidente de tráfico na rúa Julián Estévez. Os feitos ocorreron sobre as 20:35 horas do día de onte, e no momento da identificación os actuantes comprobaron que presentaba de igual modo síntomas de atoparse baixo os efectos do consumo de bebidas alcohólicas.

Tratábase dun varón de 30 anos de idade, o cal tras someterse á proba de alcoholemia, superou o limite penal establecido, polo que foi encartado en dilixencias xudiciais en calidade de investigado por un presunto delito contra a Seguridade Vial.

ÚLTIMAS

O histórico Teatro Fraga de Vigo volverá á vida: case 20 millóns de euros para unha reforma que comezará en 2027

O Consello da Xunta autorizou este luns a licitación das obras de restauración do...

“O sábado foi un día histórico en Vigo”, di Caballero

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, asegurou este luns que a ocupación hoteleira na...

Abanca estrea as súas novas instalacións corporativas en Vigo cun investimento que supera os 25 millóns de euros

Abanca estreou este luns, 16 de novembro, as súas novas instalacións corporativas en Vigo,...

O Nadal de Vigo publicitarase en Londres, París, Nova York e Lisboa

O Concello de Vigo despregou a súa habitual campaña publicitaria a través de mupis...