InicioSociedadePiden 4,5 anos de cárcere por lanzar obxectos a policías nunha protesta...

Piden 4,5 anos de cárcere por lanzar obxectos a policías nunha protesta durante un mitin de Vox en Vigo

O home foi interceptado, reducido e detido e, no forcexeo, resultou con lesións leves "subsidiarias dunha única primeira asistencia facultativa".

PUBLICADO O

- Advertisement -

A Fiscalía pide catro anos e medio de prisión para un acusado dun delito de atentado, por lanzar lastros a axentes da Policía Nacional durante unha protesta que tivo lugar en Vigo con motivo da celebración dun mitin de Vox, e que será xulgado este mércores na sección quinta da Audiencia Provincial de Pontevedra (con sede na cidade olívica).

Segundo se recolle no escrito de acusación pública, o procesado formaba parte dun “tumulto” dunhas 300 persoas que se concentraron na tarde noite do 24 de outubro de 2019 nas inmediacións do Auditorio Mar de Vigo.

Tratábase dunha concentración non comunicada á Subdelegación do Goberno, convocada para protestar pola presenza na cidade de Santiago Abascal e outros cargos de Vox, que participaron nun mitin de precampaña con motivo das eleccións xerais de novembro de 2019.

A Fiscalía sinala no seu escrito que o acusado se atopaba nesa concentración e que, cando a Policía pediu aos participantes na mesma que se dispersasen para restablecer o tráfico na Avenida de Beiramar (que cortaran), el lanzou un valo aos axentes, sen chegar a alcanzalos, mostrando un “evidente desprezo polo principio de autoridade”.

A continuación lanzou un lastro que golpeou a un axente nun pé e, logo outro, que alcanzou a outro policía nunha man, aínda que sen ocasionar lesións graves a ningún dos dous. O home foi interceptado, reducido e detido e, no forcexeo, resultou con lesións leves “subsidiarias dunha única primeira asistencia facultativa”.

Por estes feitos, o ministerio público considérao autor dun delito de atentado contra axentes da autoridade con uso e lanzamento de obxecto contundente, e dous delitos leves de lesións, e pide que sexa condenado a 4 anos e medio de prisión. Tamén reclama que se lle impoñan multas que suman 1.800 euros polas lesións, e que indemnice a cada un dos axentes feridos en 224 euros.

ÚLTIMAS

Vigo suspende por sorpresa a licitación do bus urbano, o maior contrato da súa historia

O Concello de Vigo publicou este luns na Plataforma de Contratación do Estado o...

A Xunta acorda a expropiación de case 15 hectáreas de monte comunal en Mos para a cidade deportiva do Celta

O Diario Oficial de Galicia (DOG) recolle este luns a resolución da Consellería de...

A UVigo supera o 100 % de ocupación nos graos e suma 3.883 novas matrículas

A Universidade de Vigo (UVigo) alcanzou unha taxa de ocupación do 103 % na...

Vigo reclama unha AP-9 pública, galega e sen peaxes e pide anular a última prórroga da concesión

O Pleno do Concello de Vigo aprobou este luns unha moción do BNG na...