InicioPolíticaCaballero moi crítico coa conselleira Ethel Vázquez: "quen lle deu permiso para...

Caballero moi crítico coa conselleira Ethel Vázquez: “quen lle deu permiso para pisar chan municipal sen convidar a Vigo”?

Cualifica á Xunta de "seita" que dana a cidade e volve censurar o "veto" á entrada de Zona Franca no padroado do recinto feiral.

PUBLICADO O

- Advertisement -

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, criticou este mércores a visita da conselleira Ethel Vázquez ao Ifevi, para supervisar as obras de ampliación do recinto (que executa a Xunta), sen convidar a ningún membro do goberno local e sen pedir “permiso” para “pisar” un chan que é de titularidade municipal.

Nunha rolda de prensa, o rexedor sinalou que, na súa visita, a conselleira pisou ” chan que é do Concello”. “Quen a autorizou? Ten autorización do Concello?”, preguntou Caballero, quen censurou que a Xunta non convidase a ninguén do goberno municipal, a pesar de que ese chan para a ampliación do Ifevi foi expropiado polo Concello olívico.

Segundo Abel Caballero, trátase un chan “comprado polo Concello, que non é da Xunta” e se a conselleira vai visitar ” unha dependencia do Concello, deberían convidar o Concello ou pedir permiso”. “Son unha seita, unha seita que lle fai dano a Vigo. Para iso están, para facerlle dano á cidade”, proclamou.

O alcalde insistiu en que os terreos onde se vai a executar a ampliación foron expropiados pola administración municipal e que aínda son da súa titularidade, xa que “non se asinou o convenio de entrega”. “Aínda é noso, están tan obsesionados contra a cidade, que van a chan público sen avisar ao Concello“, sentenciou.

ENTRADA DE ZONA FRANCA NO PADROADO

Na súa rolda de prensa, o alcalde referiuse tamén ao “veto” da Xunta para que Zona Franca entre a formar parte do padroado do Ifevi “regalando 5 millóns de euros”, e volveu a acusar o goberno galego de querer “danar” á cidade.

Respecto diso, Caballero censurou que a Xunta non contestase ás solicitudes remitidas para convocar ao padroado e permitir a entrada de Zona Franca, unha posición que enmarcou en “o proceso de ataque” do Executivo autonómico contra a cidade.

O rexedor destacou que Zona Franca é o maior promotor económico de Vigo, o único que constrúe chan empresarial, e que a Xunta non permite que contribúa no funcionamento do Ifevi para mellorar a competitividade do recinto.

ÚLTIMAS

A CIG denuncia que o modelo de Muface prioriza o beneficio económico sobre o dereito á saúde

A CIG denunciou este luns que o modelo de mutualismo administrativo está deseñado para...

La Reina del Flow encabezará o Galicia Fest 2026 cun concerto no Porto de Vigo

A vicepresidenta da Deputación de Pontevedra, Luisa Sánchez, anunciou este luns o primeiro cabeza...

Guerra de cifras e reproches entre a Xunta e o Concello de Vigo pola vivenda e o Mundial 2030

A Xunta de Galicia reivindicou este luns o seu compromiso coa construción de vivenda...

Un policía local de Redondela resulta ferido ao deter un home que tentou reter a unha moza

Un axente da Policía Local de Redondela resultou ferido este fin de semana durante...