InicioSociedadeSeguen subindo os casos e os pacientes hospitalizados con covid na área...

Seguen subindo os casos e os pacientes hospitalizados con covid na área de Vigo

Segue á cabeza de Galicia en número de casos activos, con 732.

PUBLICADO O

- Advertisement -

Os pacientes Covid hospitalizados en Galicia ascenderon a 199, sete máis que a xornada anterior, mentres que os casos activos manteñen a tendencia ascendente por undécimo día consecutivo e sitúanse en 2.767.

Así se reflicte nos datos actualizados na mañá deste luns pola Consellería de Sanidade con rexistros ata as 18,00 horas deste domingo, nos que se inclúen 33 pacientes Covid en UCI –tres máis-– e 166 noutras unidades –catro máis–. 

Por áreas sanitarias a presión hospitalaria increméntase en seis das sete. Así, na de Vigo ascenden a cinco os pacientes Covid ingresados en UCI –un máis— e a 33 noutras unidades –un máis–.

MÁIS CASOS ACTIVOS

En canto aos casos activos, ascenden por undécima xornada consecutiva e sitúanse en 2.767, o que supón 74 máis, ao haber máis contaxios (154) que altas (78), ao que hai que engadir dous falecementos. Por áreas sanitarias, as infeccións activas increméntanse nas sete, con Vigo á cabeza con 26 novos casos. 

Por tanto, a área de Vigo mantense á cabeza, con 732; seguida da da Coruña e Cee, con 677; Pontevedra e O Salnés, con 448; Santiago e Barbanza, con 370; Ourense, 26; Lugo, 205; e á cola segue Ferrol, con 109.

NOVOS CONTAXIOS

En canto aos novos contaxios de Covid-19 detectados con calquera tipo de proba descenderon lixeiramente comparado coa xornada anterior a 154, o que supón 34 menos. Galicia confirmou nas últimas 24 horas 134 positivos por PCR, dos cales 31 corresponden á área da Coruña e Cee e 30, á de Vigo.

Pola súa banda, a taxa de positividade caeu neste inicio de semana a un 1,2 por cento, tras subir a un 3,5% a xornada anterior, polo que se mantén por baixo do 5% que a Organización Mundial da Saúde (OMS) fixa para dar por controlada a pandemia.

ÚLTIMAS

Condenan ao Concello de Vigo por incumprimentos en materia de riscos laborais e debe indemnizar a 4 funcionarios

O Tribunal de Instancia de Vigo, Sección Social, praza 3, condenou o Concello de...

Caballero denuncia o “mal funcionamento” do transporte escolar en Vigo e reclama máis profesorado

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, lamentou o “mal funcionamento” do transporte escolar este...

O Álvaro Cunqueiro estrea o luns un novo Hospital de Día para reducir ingresos e desconxestionar Urxencias

O Hospital Álvaro Cunqueiro de Vigo inaugurará o vindeiro luns, día 28 de setembro,...

Unha empresa inmobiliaria de Baiona sofre a ira do desahucio de Maricarmen en Madrid

Unha empresa inmobiliaria de recente creación con sede en Baiona viuse obrigada a emitir...