InicioSociedadeCatro sobreiras do Rosal entran no catálogo galego de árbores singulares

Catro sobreiras do Rosal entran no catálogo galego de árbores singulares

Atópanse ao pé da capela da Magdalena.

PUBLICADO O

- Advertisement -

O catálogo galego de árbores singulares de Galicia acaba de incorporar unha nova formación de sobreiras localizados no concello do Rosal. Neste engadido, conta xa cun total de 179 elementos de 80 especies diferentes.

O Diario Oficial de Galicia publica este xoves a resolución pola que se notifica a súa inclusión neste rexistro público, no que figuran todas aquelas árbores e formacións que merecen unha protección especial en atención ás súas características singulares ou excepcionais.

Estas árbores pertencen á especie ‘Quercus suber’ e constitúen un conxunto de catro exemplares que cumpren coas condicións sinaladas polas “excepcionais características da súa porte e dendrometría”. Estes elementos alcanzan os 22 metros de altura e o seu perímetro oscila entre 3,8 e 4,3 metros.

Así mesmo, o conxunto posúe tamén uns “notables valores estéticos e paisaxísticos” ao atoparse ao pé da capela da Magdalena, no cume do monte do mesmo nome.

Do mesmo xeito, a Xunta subliña o valor histórico do conxunto xa que a capela “aparece mencionada en documentos do século XII, como pertencente ao Mosteiro de Oia”. Tamén está acreditado que o monte serviu de emprazamento de pezas de artillaría, nas guerras con Portugal.

ÚLTIMAS

“Estamos desesperados”, veciños de Privada Moderna esixen á Sareb que “cumpra a sentenza” e arranxe os seus pisos

Veciños da rúa Privada Moderna de Vigo esixíronlle á Sociedade de Xestión de Activos...

Un camión que atravesou a mediana provocou colas quilométricas na AP-9 en Vigo

Colas quilométricas na AP-9 ao seu paso por Vigo tras saírse da vía un...

Xunta e UVigo asinan un convenio de 2,3 millóns para reforzar o material científico-técnico e de innovación educativa

O conselleiro de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional, Román Rodríguez, e a reitora...

Alerta na comunidade científica por anomalías de cor en exemplares de peixes da ría de Vigo

Un equipo científico liderado polo Instituto Español de Oceanografía (IEO-CSIC), coa participación da Universidade...