InicioSociedadeVigo lidera a repunta de contaxios en Galicia tras Semana Santa

Vigo lidera a repunta de contaxios en Galicia tras Semana Santa

A Comunidade rexistrou 36 novos positivos que elevan a case 600 os casos activos na área. Pola contra, caen os hospitalizados.

PUBLICADO O

- Advertisement -

A presión hospitalaria experimentou un descenso con respecto á xornada anterior, con 10 pacientes Covid menos ingresados en Galicia a pesar de atoparse un máis en UCI, polo que hai 209 persoas coa infección hospitalizadas, mentres que os novos contaxios veñen de repuntar a 139 e os casos activos subiron a 2.211.

Segundo os datos actualizados na mañá deste martes pola Consellería de Sanidade con rexistros ata as 18,00 horas deste luns, 33 pacientes Covid atópanse en UCIs na Comunidade galega, un máis que a xornada anterior, e 176 noutras unidades de hospitalización, 11 menos.

SUBIDA DE CASOS

Por áreas sanitarias, a presión hospitalaria descende en tres delas; entre elas a viguesa, que mantén oito pacientes Covid en UCI e reduce a 37 os ingresados noutras unidades –11 menos–. Non acontece así cos casos activos, que no caso vigués veñen de ser incrementar en 21 ata os 598; só por detrás dos 685 da Coruña. Na comunidade hai un total de 2.211: primeira repunta dende Semana Santa.

Dos novos contaxios em Galicia, 116 son positivos confirmados por PCR, dos que 36 corresponden á área de Vigo; que, neste aspecto, é a comunidade con maior crecemento no tocante ao rexistro de novos infectados. A repunta da comunidade galega coincide cunha xornada na que o Sergas desenvolveu arredor de 1.000 probas máis que o día anterior.

ÚLTIMAS

Intervida unha narcolancha cando era transportada nun camión en Mos

A Garda Civil de Pontevedra interveu unha posible narcolancha que estaba a ser transportada...

Ábrese o prazo de exposición pública para a revisión de autorización ambiental de CZ Vacines (Zendal) no Porriño

O Diario Oficial de Galicia (DOG) publica este venres a resolución pola que se...

Caballero recibe de Defensa a Gran Cruz do Mérito Naval con distintivo branco

O Ministerio de Defensa concedeu ao alcalde de Vigo, Abel Caballero, a Gran Cruz...

A vivenda volve sacar a xente á rúa: Vigo e Ourense mobilízanse contra a “emerxencia habitacional”

Alianza Pola Vivenda convocou mobilizacións para este venres nas cidades de Vigo e Ourense...