InicioSociedadeFeijóo valora o novo albergue en Vigo como elemento para "mellorar a...

Feijóo valora o novo albergue en Vigo como elemento para “mellorar a cidade e a experiencia xacobea”

O albergue, que forma parte dos traballos preparatorios do Ano Santo Xacobeo, contará en total con 6 plantas e capacidade para aloxar a 93 persoas.

PUBLICADO O

- Advertisement -

O presidente da Xunta de Galicia, Alberto Núñez Feijóo, visitou este venres as obras do novo albergue de peregrinos de Vigo, na Ribeira do Berbés, e subliñou que as instalacións contribuirán a “seguir mellorando a cidade e a experiencia xacobea”.

Tras a visita, na que estivo acompañado polo vicepresidente do goberno galego e conselleiro de Presidencia, Xustiza e Turismo, Alfonso Rueda, entre outros cargos da Xunta, Núñez Feijóo puxo en valor o papel do Camiño de Santiago para “transformar aldeas, pobos e cidades”.

A ese respecto, no caso do albergue de Vigo, en pleno Casco Lanuxe da cidade, a construción deste servizo (cun investimento de 1,6 millóns de euros) supuxo a recuperación de dous edificios, entre a rúa Berbés e a Prazo do Peñasco.

O albergue, que forma parte dos traballos preparatorios do Ano Santo Xacobeo, contará en total con 6 plantas e capacidade para aloxar a 93 persoas.

Feijóo lembrou que a Xunta segue “traballando” para aproveitar a oportunidade deste Xacobeo, que se estenderá ata 2022, con medidas como a posta en marcha do proceso de certificación dos albergues coa Q de calidade.

Ademais, no marco do Plan Director do Camiño, destináronse ata agora 33 millóns de euros aos albergues, tanto para melloras como para a construción de novas instalacións, e confirmou a construción de catro novos albergues en Ferrol, Piñor, Sobrado dos Monxes e A Coruña.

ÚLTIMAS

Caballero sobre o Nadal: “A publicidade son eu. Cando a xente ve o meu debuxo, ve Vigo”

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, participou este xoves na VI Convención de Turespaña,...

A Xunta insiste no seu apoio ao Mundial en Vigo pero advirte da falta de planificación do concello

O conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes, Diego Calvo, remitiulle unha carta ao alcalde...

Un inspector de Policía de Vigo denuncia a existencia dun chat policial con información confidencial de persoas e causas policiais

Un xulgado de instrución do Porriño  abriu dilixencias pola actividade dun chat de Telegram...

A protesta pola vivenda en Vigo non deixa de medrar: xa son 60 tendas e ata 40 persoas durmindo cada noite

A acampada pola vivenda en Vigo acada xa as 60 tendas, nas que cada...