InicioSociedadeAmplíase a máis de 32.000 persoas o cribado masivo en Vigo

Amplíase a máis de 32.000 persoas o cribado masivo en Vigo

Esta decisión adoptouse tras comprobar a baixa participación no cribado do pasado venres. Serán citadas 27.000 persoas do concello de Vigo, 2.400 de Salvaterra e 3.000 de Ponteareas.

PUBLICADO O

- Advertisement -

Sanidade confirmou que ampliará a máis de 32.000 persoas as citas para a realización de test de antíxenos, no marco do cribado masivo que se está realizando na área sanitaria de Vigo.

Fontes do Sergas sinalaron que se ampliará o número de citas previstas, despois de que xa se incrementase dos 22.000 anunciados inicialmente a 27.000 (para o caso de persoas de Vigo).

Finalmente, serán máis de 32.000 as persoas que serán convocadas para acudir a realizarse as probas ao Instituto Feiral da cidade.

Esta decisión, sinalaron as mesmas fontes, adoptouse tras comprobar a baixa participación no cribado do pasado venres pola tarde ( un 56 %) e tendo en conta que o operativo do recinto feiral de Vigo “está deseñado para asumir a máis poboación”.

Por iso, citarase en total a unhas 27.000 persoas do concello de Vigo, a 2.400 persoas do concello de Salvaterra e a outras 3.000 do municipio de Ponteareas.

ÚLTIMAS

O BNG e o Concello de Vigo cruzan críticas pola “inacción” ante o prezo da vivenda

O grupo municipal do BNG criticou este luns a "inacción" da Xunta e do...

Caballero presume dun 90 % de ocupación en Vigo polo Nadal e carga contra os “antiVigo”: “Desgústalles que nos vaia ben”

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, cifrou no 90 % o nivel de ocupación...

Un home enfróntase a sete anos de prisión acusado de vender droga no bar que rexentaba en Baiona

Un home sentará este martes no banco dos acusados na sección quinta da Audiencia...

Luz Casal actuará en Vigo no Teatro Afundación en febreiro de 2026 dentro da súa nova xira

A cantante Luz Casal ofrecerá un concerto no Teatro Afundación de Vigo o vindeiro...