InicioSociedadeConfirmado en Vigo o primeiro caso da variante surafricana da COVID en...

Confirmado en Vigo o primeiro caso da variante surafricana da COVID en España

Foi detectada nun home de 30 anos, vinculado á industria do naval e que viaxara a Sudáfrica por motivos laborais. Ao seu regreso da viaxe referiu síntomas compatibles co virus.

PUBLICADO O

- Advertisement -

O Servizo Galego de Saúde (Sergas) informou este xoves de que detectou nun paciente da área sanitaria de Vigo o primeiro caso confirmado da variante surafricana do COVID-19. Trátase dun home que xa foi dado de alta e non requiriu ingreso hospitalario.

Fontes de Sanidade explicaron que a variante surafricana da COVID, coñecida como B.1.351 clado 20C/501E.V2, foi detectada nun home de 30 anos, vinculado á industria do naval e que viaxara a Sudáfrica por motivos laborais. Ao seu regreso da viaxe referiu síntomas compatibles co virus.

Os servizos de Medicina Preventiva e Microbioloxía do Hospital Álvaro Cunqueiro de Vigo iniciaron o protocolo para proceder á secuenciación do virus nos laboratorios do hospital Meixoeiro. Así, o pasado 5 de xaneiro confirmouse a presenza desta variante e comunicouse ao rexistro internacional GISAID.

O xefe do Servizo de Microbioloxía, Benito Requeiro, subliñou que a capacidade do sistema sanitario galego para realizar este tipo de análises completas e sofisticadas permite unha “correcta identificación” e un “mellor control epidemiolóxico”, xa que descubriu as vías de entrada en Galicia. “Será necesario realizar unha vixilancia especial nos portos e na chegada de viaxeiros a través das nosas fronteiras”, engadiu.

SECUENCIACIÓN

A secuenciación xenética completa do virus é unha técnica de elevado nivel de especialización, que foi realizada en Vigo pola doutora Sonia Pérez e o seu equipo de técnicos do laboratorio do Hospital Meixoeiro.

Trátase dun proceso complexo e laborioso, no que é necesario empregar catro días para a obtención de resultados. Na actualidade, o Complexo Hospitalario Universitario de Vigo (Chuvi) conta con capacidade para secuenciar 36 mostras semanais.

ÚLTIMAS

O BNG esixe cambiar o plan de tráfico do Nadal de Vigo tras o “caos” do acendido das luces e o desfile de Disney+

O BNG de Vigo urxiu ao Goberno municipal que "rectifique" o plan de tráfico...

“Ameaza a supervivencia do barrio”: Lavadores mobilízase contra o proxecto de vivendas da Xunta

Máis de mil veciños do barrio vigués de Lavadores asinaron unha carta dirixida ao...

O histórico Teatro Fraga de Vigo volverá á vida: case 20 millóns de euros para unha reforma que comezará en 2027

O Consello da Xunta autorizou este luns a licitación das obras de restauración do...

“O sábado foi un día histórico en Vigo”, di Caballero

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, asegurou este luns que a ocupación hoteleira na...