InicioSociedadePeritos advirten "condutas sexualizadas" no menor cuxo coidador é xulgado por agresión...

Peritos advirten “condutas sexualizadas” no menor cuxo coidador é xulgado por agresión sexual

Os supostos feitos, que o procesado negou, tiveron lugar cando os dous irmáns tiñan 5 e 4 anos.

PUBLICADO O

- Advertisement -

Os psicólogos do Instituto de Medicina Legal de Galicia (Imelga) que realizaron un exame pericial a un menor cuxo coidador ocasional é xulgado en Vigo por agredir sexualmente a este e ao seu irmán concluíron que o seu relato “se corresponde cunha experiencia vivida”.

Así o manifestaron nunha vista celebrada este mércores na sección quinta da Audiencia Provincial de Pontevedra, con sede na urbe olívica, onde se xulgou a un acusado de agredir sexualmente de modo continuado aos nenos, dos que coidou nalgunhas ocasións. Os supostos feitos, que o procesado negou, terían lugar entre finais de 2017 e principios de 2018, cando os menores tiñan 5 e 4 anos.

Os psicólogos do Imelga apuntaron que o maior dos nenos ofreceu un testemuño “máis concreto” respecto dos supostos feitos, que ocorrerían entre finais de 2017 e principios de 2018. Mentres, explicaron que o relato do seu irmán menor foi “confuso” e puido mesturar “realidade e fantasía”, o que “se debe á súa idade”.

No entanto, consideraron que “non parece probable” un condicionamento que puidese influír nas respostas dos menores. Tamén sinalaron que o exame realizado detectou condutas sexualizadas nos nenos que “van máis aló do desenvolvemento da súa idade” e que poderían deberse aos supostos feitos xulgados.

A pediatra dos nenos, que os examinou despois de que estes trasladasen os supostos feitos aos seus pais, indicou que non presentaban lesións e que a penetración non se incluía nas condutas sexuais que refieron que mantiveran co acusado. Tamén subliñou que as versións dos menores suxerían que “ambos viviran unha experiencia similar”.

ÚLTIMAS

A Audiencia de Pontevedra condena a tres anos e medio de cárcere a unha muller por tráfico de cocaína

A Audiencia Provincial de Pontevedra condena a tres anos e medio de prisión a...

Falece Susi Seoane, referente galega na loita contra a ELA, aos 55 anos

Galicia enteira chora a morte de Susi Seoane Lema, viguesa de 55 anos e...

Manifestación de traballadores de GKN este domingo en rexeitamento do ERE “inxustificado” da compañía

O comité de empresa da auxiliar automobilística GKN convocou este domingo, día 1 de...

O Sergas abre un procedemento de control sobre Povisa tras denuncias por falta de médicos

O Servizo Galego de Saúde (Sergas) iniciou un procedemento interno de control para verificar...