InicioSociedadeOs efectos do Nadal: a área de Vigo triplica xa a taxa...

Os efectos do Nadal: a área de Vigo triplica xa a taxa de positividade recomendada pola OMS

A taxa é do 17%, cando a Organización Mundial da Saúde recomenda un 5%.

PUBLICADO O

- Advertisement -

As cifras da pandemia empeoran en Galicia este xoves en todos os parámetros. Un día despois do fin das festas do Nadal, soben os ingresados, os positivos diarios e os casos activos. Todo iso nunha xornada na que a taxa de positividad roldou o 10% das case 8.000 probas realizadas en 24 horas. Unha taxa de positividade que en Vigo é case do 17%, máis de tres veces o recomendado pola OMS.

Todo iso extráese do balance de datos da pandemia que publica na mañá deste xoves a web da Consellería de Sanidade, que apunta un incremento de 20 pacientes máis hospitalizados no conxunto das áreas sanitarias galegas, aínda que o número de persoas en UCI mantense en 57.

Dos 639 novos positivos detectados nas últimas 24 horas, as áreas de Vigo, A Coruña e Santiago achegan a maioría dos contaxios. Así, foi na zona de influencia da cidade olívica onde se deron máis diagnósticos con 181 casos –91 máis-–

Na actualización de datos da pandemia destaca o incremento das hospitalizacións respecto da xornada anterior. Hai agora 419 persoas ingresadas con covid-19 nos hospitais galegos, 20 máis que un día atrás; aínda que a pacientes UCI mantéñense en 57. En Vigo hai  59 novos casos (+5) con 14 pacientes críticos (+1).

ÚLTIMAS

Dous detidos e un investigado pola malleira a un home nun parking do Porriño

A Garda Civil de Pontevedra detivo a dous homes e investiga a un terceiro...

Organizacións de produtores de Vigo reclaman axilizar axudas ante a “difícil situación” da frota pesqueira

Organizacións de produtores viguesas (Opnapa, OPPC-3 e OPPF-4) trasladaron á secretaria xeral de Pesca,...

Besteiro pon o foco nas 100.000 vivendas baleiras de Galicia e esixe á Xunta actuar, poñendo a Vigo como exemplo de boa xestión: “Non...

O secretario xeral do PSdeG, José Ramón Gómez Besteiro, puxo este venres como exemplo...

“12 non son 13”: a comunidade educativa do EEI Vila Laura de Vigo ponlle un 0 á Xunta por deixar sen cubrir unha praza...

A comunidade educativa da EEI Vila Laura de Vigo volveu mobilizarse este venres, e...