InicioEconomíaO BNG ameaza ao Goberno con mobilizacións se non se reducen as...

O BNG ameaza ao Goberno con mobilizacións se non se reducen as peaxes da AP-9

Os nacionalistas lembran que os descontos das peaxes figuran no acordo entre Bloque e PSOE para a investidura de Pedro Sánchez.

PUBLICADO O

- Advertisement -

O deputado do BNG no Congreso, Néstor Rego, urxe ao Goberno central a aplicar as rebaixas acordadas nas peaxes da autoestrada AP-9 para este ano, pois o Bloque ameaza con chamar á sociedade galega a “mobilizarse” se non se realizan eses descontos “canto antes”.

Tras unha nova subida “inadmisible” nas peaxes co comezo do ano, Rego quéixase de que o Goberno tivo tres semanas desde a aprobación dos Orzamentos Xerais do Estado (PGE) –nos que se inclúen partidas para estas bonificacións– para negociar con Audasa e poder publicar o decreto que habilite as baixadas. Uns descontos que figuran no acordo entre Bloque e PSOE para a investidura de Pedro Sánchez.

En rolda de prensa en Santiago, Rego emprazou ao Goberno a que cumpra cos acordos para que se libere o tramo entre Vigo e Redondela; bonificar aos usuarios con polo menos dúas viaxes no mesmo día; á vez que non se aplique a subida do 1% anual acumulativa durante 20 anos, da que responsabiliza aos exministros de Fomento José Blanco (PSOE) e Ana Pastor (PP).

ÚLTIMAS

Vigo acollerá un concerto solidario para axudar a Venezuela

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, anunciou este luns a celebración dun concerto solidario...

Desconvocada a folga nas lavandarías dos hospitais da área de Vigo

O comité de empresa e a dirección de Elis Manomatic, que presta o servizo...

O BNG denuncia un “recorte salvaxe” de camas na área de Vigo este verán

O BNG esixiulle á Xunta que "rectifique" o peche de camas e os "recortes"...