InicioSucesosDetida en Vigo por agredir á propietaria dun comercio no que tentou...

Detida en Vigo por agredir á propietaria dun comercio no que tentou roubar dúas mantas

Está acusada dun delito de roubo con violencia.

PUBLICADO O

- Advertisement -

Axentes da Policía Local de Vigo detiveron a unha veciña da cidade, L.M.B., de 36 anos de idade, como presunta autora dun delito de roubo con violencia, tras golpear á dona dun comercio no que tentou roubar dúas mantas.

Segundo informaron fontes policiais, os feitos ocorreron na mañá do pasado martes, cando unha dotación do 092 estaba a patrullar pola Avenida da Florida. Os axentes foron requiridos por varios transeúntes, que denunciaron que a dona dun local fora agredida por unha muller, que aínda se atopaba alí.

Os policías entrevistáronse coa vítima, que explicou que dúas mulleres entraran na súa tenda, unha cun carriño de bebé, e que vira, a través do circuíto pechado de vixilancia, como unha delas se escondía dúas mantas debaixo do abrigo. Cando as mulleres pasaron pola caixa, con intención de abonar outro produto, a dona instoulles a sacarse as mantas de debaixo da roupa, pero as clientas negáronse e iniciaron unha discusión.

A vítima tentou quitarlles a mercadoría subtraída, pero unha delas propinoulle unha puñada na cara. Outros clientes que estaban no establecemento lograron separalas, e rodearon á agresora ata que chegou a Policía. Os axentes detiveron á suposta autora dos feitos, mentres que a prexudicada solicitou presenza dunha ambulancia para ser atendida das súas lesións na cara e a cabeza.

FURTOS

Por outra banda, a Policía Local de Vigo incoou dilixencias nos últimos días por dous delitos leves de furto, cometidos en establecementos comerciais da cidade.

O primeiro deles tivo lugar o pasado venres, nunha tenda de cálea Príncipe. A autora do furto foi unha menor, de 15 anos de idade, que subtraeu dous pares de pendentes e que foi descuberta por un vixiante.

A segunda intervención ocorreu o domingo, cando a responsable dun local do parque comercial Meixoeiro alertou ao 092 de que unha muller se levou varias pezas da tenda. Cando chegaron os axentes interceptaron á sospeitosa, J.F.A., de 25 anos de idade, que recoñeceu os feitos.

A muller explicou á Policía que roubara eses efectos para logo vendelos, de feito, sinalaron fontes policiais, tanto esta muller como a súa parella son “coñecidos da zona” por anteriores furtos.

ÚLTIMAS

A concelleira de Seguridade de Vigo rexeita dimitir á espera da sentenza do caso Saltamontes: “Non está nas nosas mans”

A concelleira de Seguridade do Concello de Vigo, Patricia Rodríguez, recoñeceu estar "pendente" do...

O novo contrato de ‘renting’ dos coches da Policía Local custará 3,4 millóns ata 2030

A Xunta de Goberno Local do Concello de Vigo adxudicou este venres, por 3,4...

Así operaba unha organización internacional de tráfico de armas detectada en Peinador

A detención en outubro de 2025 dun pasaxeiro no aeroporto vigués de Peinador, tras...

A Acampada de Vigo pide a Xunta e Concello solución habitacional para 10 persoas que pasan a noite na Alameda

A Acampada pola Vivenda de Vigo dirixiuse ao Concello e á Xunta para solicitar...