InicioPolíticaO socio de goberno do PSOE en Redondela valorará romper o seu...

O socio de goberno do PSOE en Redondela valorará romper o seu pacto por “falta de sintonía”

A Agrupación de Electores de Redondela (AER) declara que "entrar no goberno non foi unha decisión fácil para AER, pero manterse no poder tampouco está a ser sinxelo".

PUBLICADO O

- Advertisement -

A Agrupación de Electores de Redondela (AER) anunciou este sábado que nos próximos meses decidirá se segue adiante co pacto de goberno co PSOE que rexe o municipio pontevedrés desde xuño de 2019 ante a “falta de sintonía” cos socialistas.

“Entrar no goberno non foi unha decisión fácil para AER, pero manterse no poder tampouco está a ser sinxelo”, sinala a agrupación electoral nun comunicado no que sinala a existencia dun proceso interno de evalución sobre o seu papel no goberno local que encabeza a socialista Digna Rivas.

Así, recoñecen que a experiencia de goberno “está a deixar un sabor agridoce” en AER e que o “principal argumento” para seguir adiante coa coalición co PSOE “é o sentimento de responsabilidade fronte aos veciños de Redondela”.

“AER naceu para cambiar a forma de facer política en Redondela e esa segue a ser a súa máxima. A dúbida razoable que se debate en AER despois de case ano e medio de coalición é se ese servizo prestarase mellor desde o goberno ou se fará máis eficazmente desde a oposición”, incide a agrupación.

Deste xeito, sinalan a falta de “sintonía” coa forma de concibir “a xestión pública” por parte do PSOE, polo que inciden na apertura do debate interno para decidir se continúan adiante coa coalición de goberno.

Con todo, AER destaca que a decisión será trasladada á alcaldesa “con tempo suficiente” para que dispoña de marxe para recompor o goberno local se fose necesario.

A Agrupación de Electores de Redondela conta con tres edís na corporación redondelana, composta por 21 concelleiros e na que os seus socios de goberno, o PSOE, teñen outros sete, suficientes para unha maioría aínda que non absoluta. O resto de concelleiros repártense entre os 9 do PP e os 2 do BNG.

ÚLTIMAS

“A indiferenza tamén é violencia”: Vigo sae á rúa baixo a choiva para defender as persoas sen fogar

Decenas de persoas protestaron na tarde deste venres en Vigo contra a aporofobia e...

Denuncian a eliminación de vexetación nun humidal de Vigo: “Non hai persoas nin vehículos que circulen baixo esas árbores”

A plataforma veciñal Barreiro Ladra denunciou a realización de rozas nun humidal de Vigo,...

Cayetana Álvarez de Toledo tenta convencer aos vigueses do “cambio necesario” con Feijóo

A número 2 da candidatura do PP por Madrid, Cayetana Álvarez de Toledo, participou...

Zona Franca inclúe na ampliación do polígono de Balaídos un “pulmón verde” de máis de 70.000 metros cadrados

O Consorcio Zona Franca de Vigo avanza co proxecto de ampliación do parque empresarial...