InicioEconomíaTemor a un "Brexit duro" na patronal conserveira

Temor a un “Brexit duro” na patronal conserveira

A patronal conserveira pon en marcha un plan de acción que busca potenciar a sustentabilidade da entidade e o sector.

PUBLICADO O

- Advertisement -

secretario xeral de Anfaco-Cecopesca, Juan Vieites, confiou en que o primeiro ministro británico, Boris Johnson, e a presidenta da Comisión Europea, Ursula von der Leyen, que se reunirán este mércores, “saiban chegar a un acordo” esta semana que permita “desactivar o Brexit duro comercial”.

Preguntado tras unha rolda de prensa telemática, Juan Vieites recalcou que as “incertezas” afectan de “maneira negativa” ao comercio, polo que mostrou a súa esperanza de que “se non é o plan A (o acordo), o plan B” que se articule entre en vigor o 1 de xaneiro. Ademais, apuntou que o Parlamento Europeo deberá dar o visto e prace na súa última sesión deste ano.

En todo caso, o secretario xeral de Anfaco-Cecopesca advertiu de que “un Brexit duro sería malo para ambas as partes”, polo que considerou que Reino Unido e a UE “estarán na mesma páxina nalgúns asuntos chave” e incidiu na importancia de que este asunto “se poida concluír esta semana”.

Nesta liña, remarcou que o rumbo das negociacións, que se atopan “nas súas horas decisivas, “será clave para o futuro das relacións entre a UE e Reino Unido”. Deste xeito, alertou de que, se non se alcanza este acordo comercial, o británico “sería como un país terceiro” en relación ás exportacións e importacións de mercadorías.

NEGOCIACIÓNS

Precisamente, Bruxelas subliñou que as negociacións poderían continuar se o acordo non chega a tempo para que poida entrar en vigor o próximo 1 de xaneiro, cando se consolide a ruptura entre Reino Unido e a Unión Europea, aínda que iso non impediría as consecuencias inmediatas dun Brexit sen acordo.

Así as cousas Juan Vieites apuntou que, tras xaneiro, a situación poderíase concretar “en tres estadios”, “en marzo, abril e xullo, en función do previsto”. Ademais, valorou que Reino Unido “dese un paso” ao eliminar as cláusulas da Lei de Mercado Interior que violaban o acordo do Brexit e que deseñou para esquivar o cumprimento de varias disposicións do Tratado de Retirada que afectaban á fronteira no Úlster.

PLAN DE ACCIÓN

Por outra banda, a patronal conserveira, Anfaco-Cecopesca, puxo en marcha un plan de acción dunha estratexia de valor compartido aliñada coa Axenda 2030 e que busca potenciar a sustentabilidade da entidade e o sector e a innovación do mesmo con apoio da Consellería do Mar.

O secretario xeral de Anfaco-Cecopesca, Juan Vieites, explicou que a iniciativa foi promovida pola entidade e empresas do sector e que se desenvolverá ata 2030 co obxectivo de “reforzar a apropiación do valor compartido da industria conserveira”.

ÚLTIMAS

Falece un traballador en Mos tras caer desde altura na parroquia de Sanguiñeda

Un traballador faleceu este mércores no municipio pontevedrés de Mos tras precipitarse ao baleiro...

Vigo traslada a gala da Reconquista ao Auditorio Mar de Vigo para ampliar o aforamento

O Concello de Vigo ultima os preparativos para a gala da Reconquista, que se...

O Celta busca un talismán contra o Real Madrid; a camisola celeste que luciu Madonna no 1990

O Real Club Celta puxo en marcha unha rechamante iniciativa co fin de localizar...

Aqualia confirma metais pesados na auga da traída municipal da parroquia de Beade, en Vigo

A Xunta de Galicia notificou ao Concello de Vigo e á empresa concesionaria Aqualia...