InicioCulturaExquisito cadáver na Sala Apóstrophe

Exquisito cadáver na Sala Apóstrophe

PUBLICADO O

- Advertisement -

Na Sala Apóstrophe de Vigo celebrouse na tarde de hoxe mércores ás 20:00 horas a inauguración dun Cadáver Exquisito de poesía, fotografía e debuxo. De luns a mércores cada tarde foi avanzando a creación ata finalmente acadar o actual resultado.

O cadáver exquisito, subliñan dende a organización, é “un método de creación colectiva que consiste en plasmar algo a continuación doutra cousa, sen preocuparse da coherencia ou sentido que o resultado final puidera ter. É unha técnica utilizada tanto no debuxo coma na literatura dende principios do século XX, especialmente polos surrealistas”.

Poesia
O poeta Marcos de la Fuente lendo o poema final /Miguel Nuñez

Apóstrophe Sala de Arte, xunto co Festival Kerouac e o Colectivo Latente, organizaron esta IV edición do Cadáver Exquisito, tendo como novidade este ano as disciplinas de poesía e fotografía, ademáis do debuxo, con participación libre.

Deste xeito, “é un chamamento a tódalas persoas, sen importar a súas aptitudes ou coñecementos técnicos. Queremos fomentar a creación conxunta, o reunirse e colaborar uns cos outros mesturando as distintas disciplinas artísticas. Esta é unha festa da diversidade e do desexo de abrir mentes e derrumbar muros e prexuízos”.

Cadáver Exquisito na Galería Apóstrophe / Miguel Nuñez

No debuxo, “cada un pode facer o que queira e os demáis poden intervir nos debuxos dos outros”, engaden.  Para o poema colectivo, foise despregando un rolo de papel a medida que os participantes escribían os seus versos.

Cadáver Exquisito na Galería Apóstrophe / Miguel Nuñez

En fotografía estableceuse unha cadea, de tal forma que cada artista recibiu unha imaxe por correo electrónico e debeu atopar unha imaxe no seu arquivo na que se establecera unha relación coa recibida.

Cadáver Exquisito na Galería Apóstrophe / Miguel Nuñez

O artista a enviaba a súa peza ó seguinte da cadea, tamén por correo electrónico, ata chegar ó último participante. Tras rematar a cadea de imaxes, cada artista imprimiu a súa imaxe nunha impresora instalada ao efecto.

 

ÚLTIMAS

O PP reprocha a Caballero que presuma de “potencia turística”

A presidenta do PP de Vigo e portavoz municipal 'popular', Luisa Sánchez, reprochou este...

A CIG convoca folga do Metal de Pontevedra para o 7 de maio pola falta de avances no novo convenio

O sindicato CIG avanzou este martes a convocatoria de folga no sector do Metal...

O Sergas garante asistencia a quen deixe Povisa e escolla o Cunqueiro

O conselleiro de Sanidade, Antonio Gómez Caamaño, subliñou que se “dará resposta” ás necesidades...

O BNG carga contra Concello e Xunta polo desaloxo de Beiramar: “Máis de vinte persoas seguen na rúa”

O BNG de Vigo denunciou este martes que, unha semana despois do desaloxo da...