InicioSucesosSegunda carta do alcalde de Tui ao Goberno para que asuma os...

Segunda carta do alcalde de Tui ao Goberno para que asuma os gastos de desentullo

PUBLICADO O

- Advertisement -

O alcalde de Tui, Carlos Vázquez Padín, remitiulle unha segunda carta ao presidente do Goberno, Pedro Sánchez, na que lle reclama que o Goberno asuma o custo de retirar e tratar os cascallos do barrio da Torre, na parroquia de Paramos, destruído após a explosión dun almacén clandestino de material pirotécnico o pasado 23 de maio.

Na devandita misiva, ademais de reiterar a invitación a visitar a zona, o rexedor tudense reclama que sexa a administración central a que asuma ese gasto de desentullo, despois de que o Concello xa adxudicase os traballos de retirada do amianto por máis de 346.000 euros e contratase o proxecto de xestión de residuos por case 60.000 euros.

Incendios de chandebrito visita de Pedro Sanchez.
Pedro Sanchez, Gonzalo Caballero o Alcalde de Nigran camiñan polos montes queimados do contorno de Chandebrito/Miguel Nuñez

Por outra banda, reclama ao Goberno que “complemente” as axudas que o propio Concello e a Xunta outorgarán ás familias afectadas para rehabilitar as súas casas, tanto para primeiras como segundas vivendas, con ou sen seguro.

Finalmente, Vázquez Padín solicita que se exima do pago do IBI aos veciños que perderon esas vivendas, así como da tributación pola percepción desas axudas.

ÚLTIMAS

Dúas persoas trasladadas ao hospital tras un incendio nunha vivenda en Samil

Dúas persoas tiveron que ser evacuadas este luns a un centro hospitalario por inhalación...

O BNG denuncia “opacidade” no custo do desfile das Forzas Armadas e o peche das Travesas

O BNG de Vigo denuncia a "opacidade" do goberno local de Abel Caballero sobre...

Vigo recibe este martes a súa primeira tripla escala de cruceiros con máis de 7.500 turistas

O Porto de Vigo acollerá este martes, día 22 de abril, a súa primeira...

A Xunta e Vicus Gallaecia analizan os retos da mobilidade e urxen un calendario para o AVE Vigo-Porto

O conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes, Diego Calvo, participou este luns nun encontro...