InicioEconomíaO presidente da CEOE aposta en Vigo por "poñer en valor" a...

O presidente da CEOE aposta en Vigo por “poñer en valor” a automoción ante a “oportunidade” dos fondos de reconstrución

Feijóo cre que o sector marcará a recuperación económica e destaca o proxecto galego para mobilizar 1.300 millóns.

PUBLICADO O

- Advertisement -

O presidente da Confederación Española de Organizacións Empresariais (CEOE), Antonio Garamendi, apostou este martes por “pór en valor” a industria, e especialmente o sector da automoción, ante a “gran oportunidade” que suporán os fondos europeos para a reconstrución no contexto postcovid. Así o trasladou durante a súa intervención en na clausura do congreso AutoMob Summit, organizado pola Asociación de Industrias do Metal e Tecnoloxías Afíns (Asime) en Vigo.

Garamendi subliñou que, co foco posto na Axenda 2030, “ás veces esquécese” o obxectivo 20-20-20, de lograr, en 2020, que un 20 % das enerxías que se usan sexan renovables, e que un 20 % do PIB sexa industrial. A ese respecto, lembrou que os empregos en industria son “estables” e “ben retribuídos”, e que nos territorios onde o PIB industrial supera o 20 por cento, o desemprego non chega ao 10 por cento.

Nese contexto, o presidente da CEOE destacou que “é o momento” non só de pór en valor a industria, senón “especialmente” a industria da automoción en España, no que respecta a fabricantes e a empresas auxiliares.

Por iso, incidiu en que a automoción debe ser unha “peza clave” na repartición de fondos de reconstrución, aínda que admitiu que España ten “un déficit” e un “reto” que afrontar en materia de innovación.

“Temos un mundo moi potente por diante e, á vez, temos que protexer a industria. CEOE vai estar aí, apoiando no que poida, porque a automoción é un sector estratéxico para a economía española”, proclamou.

PROXECTO GLOBAL DA XUNTA

O congreso AutoMob Summit pechouse coa intervención, a través dun vídeo, do presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, quen destacou que Galicia fai unha “aposta ambiciosa” polo sector da automoción, cun proxecto global para captar fondos europeos que suporá un investimento de 1.300 millóns de euros e a creación de 900 empregos.

Segundo sinalou, as iniciativas que compoñen este proxecto baséanse “na innovación, a tecnoloxía, a dixitalización, a sustentabilidade, a formación e o talento”. Todo iso co obxectivo de “mellorar a competitividade” do sector da automoción en España.

Feijóo recalcou que esta industria será unha das que marquen o ritmo no impulso da recuperación económica de Galicia, e lembrou a importancia do sector aquí, onde se fabrican un de cada seis coches que se producen en España.

ÚLTIMAS

Amazon defende as súas condicións laborais no Porriño tras a convocatoria de paros polo comité de empresa

Amazon defendeu este xoves as condicións de traballo do seu centro loxístico do Porriño,...

O Pleno de Vigo aproba os nomeamentos de Medallas e Vigueses Distinguidos entre críticas á “imposición” do goberno local

O Pleno do Concello de Vigo aprobou este xoves as propostas para denominar a...

O PP de Vigo esixe a Abel Caballero que aclare a situación das festas nos barrios e o futuro das atraccións

A presidenta do PP de Vigo, Luisa Sánchez, reclamou ao alcalde, Abel Caballero, que...

Aprazado ata abril o xuízo polo alixo de 3.000 quilos de cocaína no buque ‘Simione’

A sección quinta da Audiencia Provincial de Pontevedra, con sede en Vigo, acordou suspender...