InicioPolíticaCaballero ve "ridículo" o investimento da Xunta para evitar inundacións no Lagares...

Caballero ve “ridículo” o investimento da Xunta para evitar inundacións no Lagares e di que non haberá obras sen PXOM

Para que a Xunta poida facer esas obras, o Concello "ten que expropiar" e "só as expropiacións xa son máis que eses 6 millóns" anunciados, critica o alcalde.

PUBLICADO O

- Advertisement -

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, cualificou este luns de “ridículo” o investimento de 6,8 millóns de euros anunciada pola Xunta para acometer obras que eliminen o risco de inundación na contorna do río Lagares, e lembrou que non poderán acometerse actuacións ata que non estea en vigor o novo Plan Xeral (PXOM).

O rexedor lembrou que, “desde que goberna Feijóo”, a Xunta non dedicou “nin un euro” ao río Lagares. “E veñen agora, tras dez anos, cun novo engano”, censurou, e engadiu que o Goberno galego ten a “competencia exclusiva” no río (aínda que o Plan Hidrolóxico Nacional establece que os concellos teñen que actuar nos tramos urbanos das canles).

Segundo sinalou, para que a Xunta poida facer esas obras, o Concello “ten que expropiar” e “só as expropiacións xa son máis que eses 6 millóns”. “E non se pode facer nada sen a novo PXOM, nada antes de dous anos”, sentenciou, antes de insistir en que esa cifra dada pola Xunta (6,8 millóns) é “ridícula”.

Abel Caballero criticou que a conselleira de Infraestruturas, que estivo este luns en Vigo para presentar esa actuación aos empresarios do polígono do Caramuxo, veu “a facerse unha foto, tomándolle o pelo aos empresarios”. “Son uns mentireiros compulsivos (na Xunta), dedícanse a enganar de forma continuada á cidade”, resolveu o alcalde.

ÚLTIMAS

O PP reprocha a Caballero que presuma de “potencia turística”

A presidenta do PP de Vigo e portavoz municipal 'popular', Luisa Sánchez, reprochou este...

A CIG convoca folga do Metal de Pontevedra para o 7 de maio pola falta de avances no novo convenio

O sindicato CIG avanzou este martes a convocatoria de folga no sector do Metal...

O Sergas garante asistencia a quen deixe Povisa e escolla o Cunqueiro

O conselleiro de Sanidade, Antonio Gómez Caamaño, subliñou que se “dará resposta” ás necesidades...

O BNG carga contra Concello e Xunta polo desaloxo de Beiramar: “Máis de vinte persoas seguen na rúa”

O BNG de Vigo denunciou este martes que, unha semana despois do desaloxo da...