InicioSucesosUn baionés é investigado por un delito de incendio forestal: "Só intentaba...

Un baionés é investigado por un delito de incendio forestal: “Só intentaba eliminar a maleza”

PUBLICADO O

- Advertisement -

A Garda Civil investiga penalmente a un veciño de Baiona por un delito de incendio forestal, ao ser identificado como suposto autor dunha queima de maleza á marxe da estrada.

Os feitos sucederon sobre as oito da tarde do martes pasado, cando a Garda Civil recibiu unha alerta informando de que un varón atopábase prendendo lume na marxe da estrada ao seu paso pola parroquia de Baredo, no municipio de Baiona.

Lume paixase desolador despois dos incendios
Despois dos incendios, unha paisaxe desoladora/ Miguel Nuñez

Ao chegar a patrulla de seguridade cidadá do Posto Principal da Garda Civil de Baiona, puido constatar a noticia e como grazas á rápida intervención dos veciños e os servizos de extinción a situación foi controlada, evitando que se propagase o lume.

As pesquisas realizadas levaron á inmediata identificación do presunto responsable do conato de incendio, que resultou ser un veciño da zona. Esta persoa recoñeceu
que “só intentaba eliminar a maleza” e que lle pegou lume ás herbas “porque ninguén ía limpar a zona”.

Unha vez identificado, notificóuselle a súa condición de investigado como suposto autor dun delito de incendio forestal e deberá comparecer no Xulgado de Instrución de Vigo cando sexa notificado.

ÚLTIMAS

A vivenda volve sacar a xente á rúa: Vigo e Ourense mobilízanse contra a “emerxencia habitacional”

Alianza Pola Vivenda convocou mobilizacións para este venres nas cidades de Vigo e Ourense...

Vigo reclama finalmente a Audasa 120.000 euros polo IBI de 2023, cando finalizou a exención “franquista”

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, reclamoulle finalmente a Audasa 120.000 euros polo Imposto...

Balaídos gañará 721 asentos máis na bancada de Gol: case 600.000 euros extra para ampliar o aforamento

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, anunciou que a Xunta de Goberno Local deste...

Un ano de cárcere para o administrador dunha empresa de Vigo pola morte dun empregado

O administrador dunha empresa de subministracións navais de Vigo aceptou un ano de prisión...