InicioEconomíaO Estado reparará estradas en Vigo, Tui, Redondela e Covelo

O Estado reparará estradas en Vigo, Tui, Redondela e Covelo

Licita un contrato de conservación e explotación en estradas do Estado en Pontevedra por 17 millóns

PUBLICADO O

- Advertisement -

O Ministerio de Transportes, Mobilidade e Axenda Urbana (Mitma) licitou un contrato de servizos para a execución de diversas operacións de conservación e explotación en estradas do Estado nun sector da provincia de Pontevedra por un importe de 17 millóns de euros.

En concreto, o sector de estradas afectado é o nº3, que inclúe a A-52 entre os quilómetros 267,1 e 306,1; a A-55 ata o quilómetro 32; a VG-20 (segundo cinto de Vigo); a N-120 entre os quilómetros 609,9 e 653,4; a N-550 entre o quilómetro 142,2 e o 155,8; o acceso a Tui pola N-551; a N-552 entre Redondela e Vigo; a N-555 ao aeroporto de Peinador; e a ligazón de Covelo entre a A-52 e a N-120.

Este contrato plurianual enmárcase dentro do programa de mantemento das infraestruturas de transporte en Galicia, no que o Mitma investiu o pasado ano 2019 máis de 58 millóns de euros en conservación e explotación das estradas do Estado.

ÚLTIMAS

A Policía investiga o achado dun cadáver en estado de descomposición nunha casa okupada de Vigo

A Policía Nacional investiga o achado dun cadáver en estado de descomposición, e que...

O PP propón un bono mensual de 20 euros para o bus de Vigo ante a subida do billete ordinario

O grupo municipal do PP de Vigo propuxo a implantación dun bono mensual de...

A Doblada: da desidia toponímica á desmemoria histórica

​Hai uns días, a Xunta de Galicia modificou decenas de toponímicos nas catro provincias,...

A Policía Nacional evita en Vigo que un home se lance ao baleiro desde unha terraza

Axentes da Policía Nacional da Comisaría de Vigo-Redondela evitaron que un home se lanzase...