InicioEconomíaA Xunta prorroga o plan de transporte metropolitano de Vigo ata finais...

A Xunta prorroga o plan de transporte metropolitano de Vigo ata finais de 2021 por 1,5 millóns de euros

A maior parte irá financiar os descontos do 80% que se aplican en billetes interurbanos, a gratuidade dos transbordos e as bonificacións adicionais para usuarios frecuentes e familias numerosas.

PUBLICADO O

- Advertisement -

A Xunta prorrogou o plan de transporte metropolitano da área de Vigo ata finais de 2021, o que supón un investimento de 1,5 millóns de euros, dos cales a maior parte irá financiar os descontos do 80% que se aplican en billetes interurbanos, a gratuidade dos transbordos e as bonificacións adicionais para usuarios frecuentes e familias numerosas.

A reunión do Executivo autonómico celebrada este xoves deu luz verde á ampliación do convenio do plan para os doce concellos que conforman a área metropolitana, segundo expuxo en rolda de prensa posterior ao Consello o titular da Xunta, Alberto Núñez Feijóo.

O plan rexistrou o pasado ano “máis de 3,25 millóns de viaxes” na comarca entre desprazamentos en barco (o 32%) e autobús (68%), segundo as cifras ofrecidas polo departamento de Infraestruturas e Mobilidade, que asume o 15% de desconto que se aplica para usuarios frecuentes e a rebaixa para familias numerosas, que oscila entre o 20 e o 50% do custo da pasaxe.

Ademais, máis de 16.000 mozos da área de Vigo dispoñen xa do cartón ‘Xente Nova’, unha iniciativa posta en marcha en 2016 para fomentar o uso do transporte público entre os menores de 21 anos, que viaxan gratis con este bono.

ÚLTIMAS

Caballero: “A sanidade de Vigo vive a situación máis calamitosa da historia”

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, volveu denunciar este martes a "situación calamitosa" da...

Acepta dous anos de prisión por encerrar cunha cadea e maltratar ao fillo adolescente da súa parella en Vigo

Unha muller aceptou dous anos de cárcere por encerrar no seu cuarto cunha cadea...

Stellantis Vigo habilita 29 mesas para as eleccións sindicais: estes son os horarios por quendas

A factoría viguesa de Stellantis habilitará ata 29 mesas electorais para facilitar a participación...

O BNG de Vigo denuncia unha “crise de emprego” na cidade e lamenta a ausencia de políticas do goberno local

O BNG de Vigo alertou este martes sobre a "preocupante e insostíbel" realidade do...