InicioCulturaUn ano máis de concertos ao aire libre na Guarda: volve Música...

Un ano máis de concertos ao aire libre na Guarda: volve Música nas Prazas

PUBLICADO O

- Advertisement -

Este venres día 22 de xuño de 2018 a Praza de Salcidos na Guarda será o escenario do primeiro concerto da edición 2018 de Música nas Prazas. Nesta primeira sesión musical, o grupo encargado de amenizar a velada serán os guardeses de Liquen, un grupo local cun estilo musical Post-Rock instrumental. O concerto comezará ás 22:00h da noite, entrada de balde.

A programación de Música nas Prazas 2018 continuará o vindeiro día 24 de agosto coa actuación de Bieito Solo na Praza de San Amaro de Camposancos ás 22:00h, seguido da actuación de Pepe Vaamonde Trío o día 7 de setembro ás 22:00h na Praza do Reló.

Música nas Prazas chega neste ano 2018 á súa terceira edición, fomentando a música en diferentes espazos públicos do municipio, tentando dar visibilidade e dinamismo a todos eles por igual, levando a cultura musical a todas as parroquias da vila.

Ao longo deste tres anos foron moitas as formacións musicais da escea local e galega que teñen pasado polas prazas da vila guardesa, entre elas, De Vacas, Sonus de Gaya, Indomables…

ÚLTIMAS

A vivenda volve sacar a xente á rúa: Vigo e Ourense mobilízanse contra a “emerxencia habitacional”

Alianza Pola Vivenda convocou mobilizacións para este venres nas cidades de Vigo e Ourense...

Vigo reclama finalmente a Audasa 120.000 euros polo IBI de 2023, cando finalizou a exención “franquista”

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, reclamoulle finalmente a Audasa 120.000 euros polo Imposto...

Balaídos gañará 721 asentos máis na bancada de Gol: case 600.000 euros extra para ampliar o aforamento

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, anunciou que a Xunta de Goberno Local deste...

Un ano de cárcere para o administrador dunha empresa de Vigo pola morte dun empregado

O administrador dunha empresa de subministracións navais de Vigo aceptou un ano de prisión...