InicioMedio Ambiente e PatrimonioDenuncian a instalación dun chiringuito no Castro da Igrexiña en Cangas

Denuncian a instalación dun chiringuito no Castro da Igrexiña en Cangas

O grupo ecoloxista Luita Verde avisa que no lugar, na parte máis alta do castro, están inventariadas varias rocas con insculturas, polo que ademais teñen a consideración de Ben de Interese Cultural.

PUBLICADO O

- Advertisement -

O colectivo ecoloxista Luita Verde denuncia a instalación dun chiringuito no Castro d Igrexiña, en O Hío, na localidade pontevedresa de Cangas.

Respecto diso, segundo informa nunha nota de prensa, presentou escrito no rexistro dirixido á Dirección Xeral de Patrimonio Cultural da Xunta e ao Concello de Cangas.

O chiringuito, segundo advirte, foi situado dentro da área de protección integral do Castro da Igrexiña, xacemento arqueolóxico situado no lugar das Eiras, na parroquia de O Hío e incluído no catálogo de patrimonio cultural de Galicia e no complementario de monumentos e conxuntos histórico-artísticos obxecto de protección das normas subsidiarias de plan do Consistorio.

Consistente nunha caseta hexagonal encima dun pavimento de madeira con ancoraxe metálica e acompañada por un trinta cadeiras e media ducia de mesas, dita edificación con mobiliario foi instalado, segundo critican os ecoloxistas, “a escasa distancia dunha roca con gravados ao aire libre”.

Así mesmo, advirte de que no lugar, na parte máis alta do castro, están inventariadas varias rocas con insculturas, polo que ademais teñen a consideración de Ben de Interese Cultural.

Engade que no camiño de terra de acceso, a uns 10 metros de distancia, “tamén dentro da área de protección integral do xacemento“, está colocada a caixa de conexión eléctrica e un depósito plástico de almacenamento e distribución de auga.

Asegura que con anterioridade á instalación do chiringuito produciuse a roza con maquinaria da vexetación, a escavación do terreo con movemento de terras, a explanación e a cuberta de chan con grava branca e a instalación de tubaxe subterránea.

Estes feitos foron denunciados igualmente por Luita Verde ante a Dirección Xeral de Patrimonio Cultural e ao Consistorio de Cangas os pasados 8 e 11 de febreiro.

ÚLTIMAS

195 millóns: o custe do novo contrato entre SERGAS e Povisa

O Servizo Galego de Saúde (Sergas) e o Hospital Ribera Povisa de Vigo finalmente...

Dous detidos nun operativo contra un punto de venda de drogas en Vigo

Axentes da UDYCO da Comisaría de Policía Nacional de Vigo-Redondela detiveron a dous homes...

Denuncian o “desmantelamento” do servizo de deportes de Vigo: “Imos á privatización total”

O comité de persoal laboral do Concello de Vigo denunciou o "desmantelamento" do servizo...