InicioSucesosDetido un sexaxenario que atacou os policías que o identificaron por non...

Detido un sexaxenario que atacou os policías que o identificaron por non levar máscara

O home asegurou que non se puña a máscara porque é hipertenso, e os axentes replicáronlle que, de ser certo, é unha persoa vulnerable e, con máis motivo, debe estar protexido.

PUBLICADO O

- Advertisement -

Axentes da Policía Local de Vigo detiveron este xoves a un home de 67 anos de idade, A.R.L.S., de Barcelona, como presunto autor dun delito de atentado contra a autoridade, por atacar aos policías que o identificaron por non levar máscara.

Os feitos ocorreron a pasada madrugada no Casco Vello da cidade, cando unha dotación do 092 estaba a facer labores de vixilancia e control do uso de máscaras debido á pandemia de coronavirus.

Os axentes detectaron a un home sen levar esa medida de protección e, aínda que o apercibiron, o home negouse a porse a máscara e mostrou unha actitude hostil.

Ao ser preguntado, o home asegurou que non se puña a máscara porque é hipertenso, e os axentes replicáronlle que, de ser certo, é unha persoa vulnerable e, con máis motivo, debe estar protexido.

Como o home mantivo a súa actitude, os axentes reclamáronlle a súa documentación e informáronlle de que sería proposto para sanción. Nese momento, o sexaxenario encarouse cos policías e, sen respectar a distancia de seguridade, achegouse a un deles e tentou propinarlle dúas cotenadas, polo que tivo que ser reducido e detido.

ÚLTIMAS

Condenan ao Concello de Vigo por incumprimentos en materia de riscos laborais e debe indemnizar a 4 funcionarios

O Tribunal de Instancia de Vigo, Sección Social, praza 3, condenou o Concello de...

Caballero denuncia o “mal funcionamento” do transporte escolar en Vigo e reclama máis profesorado

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, lamentou o “mal funcionamento” do transporte escolar este...

O Álvaro Cunqueiro estrea o luns un novo Hospital de Día para reducir ingresos e desconxestionar Urxencias

O Hospital Álvaro Cunqueiro de Vigo inaugurará o vindeiro luns, día 28 de setembro,...

Unha empresa inmobiliaria de Baiona sofre a ira do desahucio de Maricarmen en Madrid

Unha empresa inmobiliaria de recente creación con sede en Baiona viuse obrigada a emitir...