InicioSociedadePiden case 4 anos de prisión a unha mullor que trouxo ao...

Piden case 4 anos de prisión a unha mullor que trouxo ao fillo de Londres a Galicia sen avisar ao pai

Unha acusada de trasladarse ao partido xudicial de Vigo co seu fillo menor mentres vivía en Londres co seu marido, ao que non informou da súa decisión, enfrontarase a unha petición de tres anos e nove meses de prisión da Fiscalía nun xuízo que acollerá este venres o Xulgado do Penal número 1 da cidade olívica.

PUBLICADO O

- Advertisement -

Unha acusada de trasladarse ao partido xudicial de Vigo co seu fillo menor mentres vivía en Londres co seu marido, ao que non informou da súa decisión, enfrontarase a unha petición de tres anos e nove meses de prisión da Fiscalía nun xuízo que acollerá este venres o Xulgado do Penal número 1 da cidade olívica.

Segundo o escrito de acusación do Ministerio Público, os feitos tiveron lugar o 25 de febreiro de 2017, cando a acusada, L.R.G., que residía en Londres desde 2014 xunto ao seu marido e o fillo de ambos abandonou a cidade xunto a este último. Así mesmo, a Fiscalía sinalou que esta muller se instalou co menor, de oito anos, no partido xudicial de Vigo sen comunicarlle á súa parella o traslado.

Por este motivo, o pai do neno interpuxo unha demanda civil de subtracción internacional de menores e o xulgado de Primeira Instancia número 5 de Pontevedra declarou ilícito o traslado e a retención do menor o 27 de novembro de 2017. Ademais, a sentenza, confirmada pola sección terceira da Audiencia Provincial de Pontevedra en xaneiro de 2018, ordenou que o neno volvese co seu pai.

O Ministerio Público remarcou que a pesar de ter coñecemento das resolucións xudiciais que lle ordenaban entregar ao menor ao seu pai a acusada “negouse a facelo en reiteradas ocasións”. Finalmente, permitiu que o neno volvese co seu pai o 20 de agosto de 2018, de acordo co procedemento xudicial de subtracción de menores iniciado.

Por estes feitos, o Ministerio Fiscal solicitou unha pena de tres anos e nove meses de prisión para esta muller por un delito de subtracción internacional de menores, así como a inhabilitación especial para exercer o dereito de patria potestade durante cinco anos.

ÚLTIMAS

Prisión provisional para a muller detida polo homicidio dun home sen fogar na antiga estación de autobuses de Vigo

A muller detida como presunta autora da morte dun home acoitelado na tarde do...

Caballero, ao coñecer que León impartirá Medicina en 2026: “A Vigo, a Xunta négalle unha facultade. É un escándalo”

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, cargou de novo contra a Xunta de Galicia...

Caballero acusa a Rueda e o PPdeG de deixar a Vigo sen Facultade de Medicina: “É unha pésima noticia”

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, cualificou este venres como unha "noticia pésima"...

A Xunta e o Porto de Vigo dan por finalizada a limpeza da vertedura de aceite de palma na ría

Tras unha semana de traballos de retirada e contención, a Xunta e o Porto...