InicioSociedadeAbren dilixencias contra a delegada de DomusVi en España por presunto delito...

Abren dilixencias contra a delegada de DomusVi en España por presunto delito de homicidio

Ademais da delegada de DomusVi, Josefina Fernández, o xulgado tamén abre dilixencias contra dous altos cargos da Xunta e admite a trámite a querela das fillas de dúas usuarias da residencia DomusVi-Aldán en Cangas.

PUBLICADO O

- Advertisement -

O Xulgado de Instrucción número 3 de Cangas abriu dilixencias por presuntos delitos de homicidio, lesións por imprudencia profesional e abandono de discapacitados contra a delegada de DomusVi España, Josefina Fernández Miguélez e a directora da residencia de Aldán, Laura Cancelo Álvarez.

Tamén se abriron dilixencias contra dous altos cargos da administración autonómica, a xefa dos Servizos de Inspección de Maiores María Berta Besada Porto e o director xeral de Maiores e Persoas con Discapacidade, Idelfonso de la Campa Montenegro.

Xunto a estas dilixencias o Xulgado de Cangas tamén admitiu a querela das fillas de dúas usuarias da residencia de DomusVi-Aldán, en Cangas. Una das usuarias faleceu dentro da residencia. A outra residente foi sacada pola súa filla logo de sufrir “50 caídas”.

A Federación REDE, que engloa asociacións de familiares de usuarios das residencias de maiores, denuncia nun comunicado que a residencia de DomusVi en Cangas chegou a ocultar casos de infección de sarna. Esta mesma residencia foi unha das intervidas pola Xunta logo de contaxiárense o 70% dos usuarios. Xunto a estas accións xudiciais en Cangas existen outra presentada pola familia dunha usuaria de falecida por covid19 nunha residencia da Coruña.

ÚLTIMAS

Intervida unha narcolancha cando era transportada nun camión en Mos

A Garda Civil de Pontevedra interveu unha posible narcolancha que estaba a ser transportada...

Ábrese o prazo de exposición pública para a revisión de autorización ambiental de CZ Vacines (Zendal) no Porriño

O Diario Oficial de Galicia (DOG) publica este venres a resolución pola que se...

Caballero recibe de Defensa a Gran Cruz do Mérito Naval con distintivo branco

O Ministerio de Defensa concedeu ao alcalde de Vigo, Abel Caballero, a Gran Cruz...

A vivenda volve sacar a xente á rúa: Vigo e Ourense mobilízanse contra a “emerxencia habitacional”

Alianza Pola Vivenda convocou mobilizacións para este venres nas cidades de Vigo e Ourense...