InicioSucesosCinco hospitalizados por inhalar gas nunha fuga nun garaxe de Vigo

Cinco hospitalizados por inhalar gas nunha fuga nun garaxe de Vigo

Ocorreu na rúa de Fernando Conde.

PUBLICADO O

- Advertisement -

Un total de cinco persoas resultaron afectadas por inhalación de gas nunha fuga nun garaxe dun edificio de Vigo e foron trasladadas polos profesionais sanitarios ao centro hospitalario de referencia.

O Centro Integrado de Atención as Emerxencias 112 Galicia tivo constancia do suceso as 17,45 horas deste luns. Nese momento, os membros de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 solicitaban aos xestores do 112 a colaboración dos bombeiros na rúa de Fernando Conde, en Vigo.

Indicaban que no garaxe do edificio varias persoas presentaban náuseas e vómitos, e mesmo que unha delas perdera o coñecemento.

O 112 alertou aos Bombeiros de Pontevedra e aos axentes da Policía Nacional e Local. Tamén informaron os voluntarios de Protección Civil da localidade por se fose necesaria a súa intervención. Tras chegar ao lugar, os membros do Servizo de Prevención Extinción de Incendios e Salvamento comunicaron ao 112 Galicia que as lecturas de gas foron positivas polo que procederon a ventilar a instalación.

Finalmente, o persoal sanitario confirmou que cinco persoas foron trasladadas por culpa da inhalación de gas.

ÚLTIMAS

Dúas persoas trasladadas ao hospital tras un incendio nunha vivenda en Samil

Dúas persoas tiveron que ser evacuadas este luns a un centro hospitalario por inhalación...

O BNG denuncia “opacidade” no custo do desfile das Forzas Armadas e o peche das Travesas

O BNG de Vigo denuncia a "opacidade" do goberno local de Abel Caballero sobre...

Vigo recibe este martes a súa primeira tripla escala de cruceiros con máis de 7.500 turistas

O Porto de Vigo acollerá este martes, día 22 de abril, a súa primeira...

A Xunta e Vicus Gallaecia analizan os retos da mobilidade e urxen un calendario para o AVE Vigo-Porto

O conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes, Diego Calvo, participou este luns nun encontro...