InicioPolíticaA caravana electoral da ultradereita volve a Galicia para chamar "rascista e...

A caravana electoral da ultradereita volve a Galicia para chamar “rascista e xenófobo” a Castelao

PUBLICADO O

- Advertisement -

A campaña electoral de VOX só respeta a cultura galega e ao idioma propio de Galicia para o seu cancelo de campaña #GaliciaÉVerde así como o vídeo de “La abueliña” de Abascal á que de momento non obrigou a falar en castelán para aplicando a proposición non de lei que a formación de ultradereita presentou no congreso en febreiro deste mesmo ano onde pretendía implantar “probas de castelán para garantir que todos os españois o falan ben”

Acto de Vox en Pontevedra | Fonte: @VoxPontevedra.
Acto de Vox en Pontevedra | Fonte: @VoxPontevedra.

A última foi o repetido discurso de Ortega Smith en Xinzo e Pontevedra. No seu discurso fronte ao edificio do Concello de Pontevedra, omde goberna BNG co PSdeG, e a escasos metros do instituto Valle-Inclán, onde o propio Castelao exerceu como profesor, Ortega Smith volveu a chamar “antiespañol, racista e xenófobo” ao intelectual galego que viuse na obriga de exiliarse a Arxentina para evitar a represión franquista.

O deputado de Vox xa usara estas palabras este venres, en Xinzo de Limia, para referirse ao galeguista que dá nome a un dos recoñecementos anuais que dá a Xunta de Galicia –xunto coas Medallas de Galicia–, tal e como son as Medallas Castelao.

Precisamente, estes galardóns entréganse cada 28 de xuño (este domingo) nun acto que, como é habitual, preside o xefe do Executivo autonómico, Alberto Núñez Feijóo, coincidindo coa dobre efeméride do plebiscito do Estatuto de Autonomía de Galicia do ano 1936 e a repatriación dos restos do político, escritor e debuxante galego.

Precisamente, estas palabras de Ortega Smith foron obxecto de balbordo nas redes sociais na xornada do sábado e tamén se pronunciaron en contra Podemos Galicia e o BNG, entre outras voces.

“Ortega Smith en Xinzo de Limia chamando racista e xenófobo a Castelao. Con este tipo de xente é coa que quere gobernar Feijóo. Non o imos permitir. A esquerda temos que gañar estas eleccións. Se ti votas, Feijóo e Vox perden”, sinalou Podemos.

Pola súa banda, o BNG apunta que “Castelao é a principal figura da nación galega no século XX”. “E o nacionalismo galego é emancipador, igualitario, republicano, pacifista, internacionalista. Para un fascista falar de Castelao ou de nós, primeiro debe lavar a boca. #CastelaoSempre”, tuitearon os nacionalistas.

ÚLTIMAS

Falece Gonzalo Caballero Álvarez, irmán do alcalde de Vigo e pai do exlíder do PSdeG e

Gonzalo Caballero Álvarez, pai do exsecretario xeral do PSdeG Gonzalo Caballero Míguez e irmán...

Un choque de dúas lanchas remata con dous feridos en Baiona

Dúas lanchas motoras chocaron este mércores no porto deportivo de Baiona e deixaron dúas...

A Universidade de Vigo aproba o convenio para descentralizar Medicina baixo a ameaza dunha “cláusula de saída”

O consello de goberno da Universidade de Vigo (UVigo) aprobou este martes por asentimento...

Dúas persoas feridas nun choque entre dúas lanchas motoras no porto de Baiona

Dúas persoas resultaron feridas este mércores ao chocar dúas lanchas motoras en Baiona, segundo...