InicioSociedadeDenuncian que o Sergas prohibe usar o material de protección doado por...

Denuncian que o Sergas prohibe usar o material de protección doado por Iago Aspas

Sanitarios non descartan realizar mobilizacións ou mesmo presentar unha denuncia.

PUBLICADO O

O material de protección sanitario doado por Iago Aspas hai uns días non vai poder ser utilizado nos hospitais galegos. O Xefe de Servizo do Centro de Saúde de Cangas, Benigno Villoch, foi o encargado de transmitir a orde de traballo aos profesionais do PAC que implica sancións económicas no caso de se contaxiar de coronavirus ao perder a condición de baixa laboral por enfermidade profesional.

As traballadoras do PAC de Cangas-Moaña aseguran que non só lles prohibiron a utilización do material de protección doado por Aspas, se non que chegaron a intentar confiscarllo e que detrás destas ameazas hai un transfondo político. “Todo isto non é máis que unha represalia por non permitir que os directivos se luzan na foto en plena precampaña electoral”, afirma outra das traballadoras.

“Non entendemos que no Centro de Saúde de Cangas se estea a empregar material de fabricación caseira sen certificación provinte tamén de doazóns anónimas que non pasaron o control de Preventiva mentres nos estamos ameazados por traballar con material que si está homologado”, explica unha das profesionais do centro sanitario. 

O xogador doara unhas gafas e unhas pantallas que non se embafan o que lles permitiría ver con claridade a hora de realizar técnicas que impliquen precisión. “As gafas e pantallas de protección que nos dan non teñen ficha técnica nin homologación. Algunhas están feitas a man con material de papelería e se embafan con tan só miralas. Hai veces que con tanto bafo queres coller unha vía e non distingues un brazo dunha perna. É un Horror”, laméntase unha das enfermeiras.

“CIRCUITO DE DOAZÓN”

Outra das cousas que denuncian e que non lles deixen empregar o material de protección doado por Aspas alegando que non seguiu o circuíto de doazóns para a súa revisión, pero si lles permitan empregar os termómetros dixitais que se utilizan para iniciar unha clasificación dos pacientes. “Non se entende que non poidamos empregar unha gafas que nos protexen e nos deixan ver, pero os termómetros si. Non queren que usemos o que non lles convén”, explicaba outra das médicas do centro de saúde.

O persoal sanitario continúa á espera, dende hai 3 semanas, de que tanto a Xerencia como o xefe de servizo revise as fichas técnicas recibidas e comunique ao persoal que permite utilización do material doado polo futbolista de Moaña. Mentres tanto non descartan realizar mobilizacións e están a estudar tamén emprender accións legais por poñer en risco a saúde e a vida dos traballadores contra a Xerencia de Atención Primaria de Vigo por medio da representación sindical presente na Xunta de Persoal.

SÓ O USA O 161

A diferencia da Xerencia de Atención primaria de Vigo, o 061, a través da súa empresa concesionaria autorizou ao seu persoal sanitario a empregar o material recibido. o persoal técnico enviou a súa empresa as fichas técnicas do material de protección recibidas onde se pode comprobar que cumpran co recollido na “Resolución de 23 de abril de 2020, de la Secretaría General de Industria, referente a los equipos de protección individual en el contexto de la crisis sanitaria ocasionada por el COVID-19”.

ÚLTIMAS

Galicia pasa unha noite cun teito de auroas boreais pola influencia dunha intensa tormenta solar

As autoridades estadounidenses advertiran o venres pola tarde sobre a chegada dunha gran tormenta...

Retiran dúas toneladas de lixo dos fondos mariños de Bouzas

Un total de 44 persoas, entre mergulladores e persoal de apoio, participaron nunha nova iniciativa...

Xulgan aos oito integrantes dunha banda que roubaba coches de alta gama para vendelos por pezas

A Audiencia Provincial de Pontevedra celebrará o vindeiro martes, día 14, na súa sede...

Investigan por homicidio imprudente ao condutor implicado nun accidente no que faleceu un motorista en Gondomar

A Garda Civil investiga como presunto autor dun delito de homicidio imprudente ao condutor implicado no accidente ocorrido o...