InicioSociedadeDomusVi completa este sábado o traslado de maiores ás residencias de Vigo...

DomusVi completa este sábado o traslado de maiores ás residencias de Vigo e Cangas

o número de persoas afectadas por COVID-19 nas residencias de maiores de Galicia mantense sen cambios e suma 19 usuarios e 15 traballadores, segundo os datos facilitados este luns pola Consellería de Política Social.

PUBLICADO O

- Advertisement -

A Xunta completará este sábado o traslado de persoas maiores usuarias das residencias DomusVi de Barreiro, en Vigo, e DomusVi de Aldán, en Cangas  de regreso ás mesmas.

Fontes do Goberno galego detallaron que este luns se trasladou a todos os residentes de Barreiro á súa residencia de orixe. Posteriormente, os usuarios do centro de Aldán regresarán ao mesmo este sábado.

En concreto, permanecían nas instalacións da Residencia de Tempo Libre de Patos, en Nigrán, nove usuarios da residencia viguesa e 10 do centro de Aldán. Así, estas persoas foran trasladadas ás instalacións de tempo libre tras rexistrarse varios casos de coronavirus nos seus centros de orixe e comprobarse que non se atopaban infectadas.

Durante a pandemia, interviñéronse tres residencias na comunidade. Precisamente, dous delas foron as instalacións de DomusVi en Aldán e Barreiro, mentres o terceiro centro foi o xeriátrico Nosa Señora de Fátima, situado no Barco de Valdeorras.

Así mesmo, o número de persoas afectadas por COVID-19 nas residencias de maiores de Galicia mantense sen cambios e suma 19 usuarios e 15 traballadores, segundo os datos facilitados este luns pola Consellería de Política Social, que tamén confirmou que non hai cambios nos centros de atención a discapacitados (un usuario e tres traballadores con coronavirus).

ÚLTIMAS

O BNG esixe cambiar o plan de tráfico do Nadal de Vigo tras o “caos” do acendido das luces e o desfile de Disney+

O BNG de Vigo urxiu ao Goberno municipal que "rectifique" o plan de tráfico...

“Ameaza a supervivencia do barrio”: Lavadores mobilízase contra o proxecto de vivendas da Xunta

Máis de mil veciños do barrio vigués de Lavadores asinaron unha carta dirixida ao...

O histórico Teatro Fraga de Vigo volverá á vida: case 20 millóns de euros para unha reforma que comezará en 2027

O Consello da Xunta autorizou este luns a licitación das obras de restauración do...

“O sábado foi un día histórico en Vigo”, di Caballero

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, asegurou este luns que a ocupación hoteleira na...