InicioEconomíaRetómanse os traxectos ás Illas Cíes e á Illa de Ons o...

Retómanse os traxectos ás Illas Cíes e á Illa de Ons o vindeiro sábado

Será obrigatorio o uso de máscaras no acceso aos barcos e dentro deles.

PUBLICADO O

- Advertisement -

As navieiras Mar de Ons e Nabia renovarán os seus traxectos ás Illas Cíes e á Illa de Ons o vindeiro sábado, día 20 de xuño, para o que os billetes poderán ser adquiridos nas súas respectivas páxinas web.

En senllos comunicados, as navieiras lembraron que será preciso dispor da autorización da Xunta para visitar ou acampar nas illas e que, tras conseguila, se dispoñerá dun prazo de dúas horas para adquirir os billetes.

Así, a navieira Nabia ofrecerá saídas ás Illas Cíes desde o porto de Vigo ás 9,30; 11,00; 13,00; 16,45 e 18,30 horas e cinco traxectos de regreso, dos que o último se realizará ás 20,40 horas.

Mentres, a navieira Mar de Ons ofrecerá viaxes ás Illas Cíes desde Cangas ás 10,15; 12,00; 15,00 e 18,15 horas e, desde Vigo, ás 10,45; 12,30; 15,30 e 17,45 horas. Ademais, os traxectos de regreso a estes portos realizaranse ás 13,30; 17,00 e 19,15 horas.

Así mesmo, esta navieira tamén ofrecerá viaxes regulares ás Illa de Ons desde o próximo fin de semana desde os portos das localidades de Sanxenxo, Portonovo e Bueu.

Tamén sinalou que se adoptaron medidas de seguridade e hixiene para garantir a saúde de viaxeiros e traballadores. Pola súa banda, a navieira Nabia lembrou que será obrigatorio o uso de máscaras para acceder aos barcos, así como dentro dos mesmos. Do mesmo xeito, desaconsellou a realización do traxecto a persoas con síntomas respiratorios ou vulnerables a este tipo de patoloxías.

ÚLTIMAS

A praza baleira e a nosa débeda con Martínez Garrido

O outro día atopeime cunha imaxe tan chocante como reveladora: o busto do Rei...

O PP afea a Caballero que se acorde das familias “só en ano electoral” e pide recuperar as axudas para libros

O grupo municipal do PP en Vigo reclamou este martes ao goberno local que...

A falta de visibilidade en Peinador obriga a regresar a Madrid a un avión con destino Vigo

A falta de visibilidade obrigou a regresar a Madrid ao piloto do voo de...

‘Romaría’: Carla Simón viaxa á ría de Vigo para reconstruír o pasado dos seus pais

A cidade de Vigo acolle este martes a preestrea do filme 'Romaría' (a estrea...