InicioMedio Ambiente e PatrimonioSanidade esixe sinalar a praia de Cordeiro como non apta para o...

Sanidade esixe sinalar a praia de Cordeiro como non apta para o baño por verteduras de augas residuais

PUBLICADO O

- Advertisement -

A Xefatura Territorial da Consellaría de Sanidade vén de deixar constancia por escrito, en relación a praia de Cordeiro no río Tea,e segundo un informe da Confederacion Hidrográfica Miño-Sil, da existencia de verteduras de augas residuais a 350m augas arriba da zona de baño.

Isto pode supoñer un perigo obxectivo para os bañistas, polo que engaden que “o Concello de Salvaterra de Miño deberá sinalizar a zona como non apta para o baño, mentres non realicen as xestións oportunas para que os vertidos dos núcleos situados augas arriba incorporen sistemas de desinfección aos tratamentos de depuración das súas augas residuais”.

Esta información fixo saltar a alarma na asociación Lazoiro cando os veciños da zona do
Cordeiro lles confirman a esta asociación que o concello de Salvaterra, na zona intermedia
entre a praia fluvial do Cordeiro e o lugar dos vertidos, está collendo auga do río para o abastecemento por medio dun bombeo que a envía ao depósito do monte do Castelo do que se abastece o municipio.

A asociación Lazoiro acaba de dirixirse ao Concello de Salvaterra, Consellaría de Sanidade e
Confederación Hidrográfica Miño Sil para que se garanta a salubridade da auga de consumo no concello de Salvaterra e se procedan a efectuar as obras necesarias para rematar cos vertidos de augas residuais ao río Tea na zona do Cordeiro.

Tamén lle piden ao concello de Salvaterra, tal como indica a consellaría de Sanidade, que se proceda a sinalizar a zona de baño do Cordeiro como zona non apta para o baño mentres continúen os vertidos.

ÚLTIMAS

Vigo acollerá un concerto solidario para axudar a Venezuela

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, anunciou este luns a celebración dun concerto solidario...

Desconvocada a folga nas lavandarías dos hospitais da área de Vigo

O comité de empresa e a dirección de Elis Manomatic, que presta o servizo...

O BNG denuncia un “recorte salvaxe” de camas na área de Vigo este verán

O BNG esixiulle á Xunta que "rectifique" o peche de camas e os "recortes"...

Revogada a condena a un pub de Vigo por difundir un vídeo onde se vían dous clientes “en actitude cariñosa”

A Audiencia de Pontevedra estimou un recurso presentado por un local de lecer de...