InicioSucesosUnha avaría na válvula dun depósito provoca unha fuga de gas en...

Unha avaría na válvula dun depósito provoca unha fuga de gas en Ponteareas

PUBLICADO O

- Advertisement -

Unha avaría na válvula dun depósito provocou unha fuga de gas no termo municipal de Ponteareas (Pontevedra), pero non houbo persoas afectadas.

O Centro Integrado de Atención ás Emerxencias (CIAE) 112 Galicia tivo constancia do sucedido sobre as 17,30 horas deste mércores, cando efectivos de Protección Civil da localidade comunicaron a súa saída ao servizo de emerxencias.

Segundo indicaron, fora alertados por un particular dun cheiro a gas na vía pública, na Praza da Perillana, en Ponteareas. Segundo o seu relato, había varios depósitos de gas pertencentes aos veciños dun edificio situado na devandita Praza. Por iso, o 112 Galicia puxo os feitos en coñecemento dos Bombeiros de Ponteareas e da Policía Local, que xa tiñan constancia do sucedido.

Así mesmo, aínda que o alertante asegurou que non había persoas afectadas, por parte do 112 avisouse, por precaución, a Urxencias Sanitarias de Galicia-061.

Tras chegar ao lugar e confirmar o cheiro na rúa, os bombeiros comunicaron que se tratou dunha avaría na válvula dun dos tres depósitos que había no edificio e que contiñan gas propano. Un deles, o avariado, baleirouse, e foi o que provocou a fuga.

A zona foi acordoada, mentres xunto cos técnicos da empresa subministradora procederon a facer o transvasamento do gas dos outros dous depósitos afectados. Non houbo feridos e tampouco foi necesario desaloxar aos veciños das súas vivendas, pero, segundo indicaron os bombeiros, aconselláronlles que pechasen as xanelas. O mesmo corpo confirmou que, tras facer o transvasamento, a avaría quedou liquidada.

ÚLTIMAS

Luz verde ambiental ao PERI da antiga fábrica de Álvarez en Cabral: deberá conservar a antiga fábrica e a cheminea

O Diario Oficial de Galicia (DOG) publica este venres o informe ambiental estratéxico do...

Un operativo antidrogas en dúas casas de Vigo, unha delas okupada, remata con tres detidos

Axentes da Policía Nacional da Comisaría de Vigo desarticularon un punto negro de venda...

Peinador opera “con normalidade” a pesar da folga de controladores

Os aeroportos de Vigo e da Coruña operan "con normalidade" este venres a pesar...

A Xunta destaca ao Real Club Náutico de Vigo como “referente deportivo e social” no seu 120 aniversario

O conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes, Diego Calvo, participou este xoves no acto...