InicioDeportesIago Aspas rescata a España

Iago Aspas rescata a España

PUBLICADO O

- Advertisement -

O xogador do Celta, Iago Aspas, foi decisivo este sábado no encontro que enfrontou á Selección Española coa de Túnez. Un gol seu no tramo final do partido deu a vitoria aos vermellos cando semellaba que o empate ía ser o resultado final.

Mal partido de España que non funcionou ata o tramo final cando Lopetegui mandou entrar a Aspas a falta dun cuarto de hora e ordenou defensa de tres, con Nacho na esquerda e Ramos na dereita.

O cambio notouse. A vermella comezou a carburar a bola e, finalmente, un pase de Busquets a Costa e de Costa a Iago acabou na portería tunecina. O de Moaña volveu demostra, unha vez máis, que pode ser decisivo nos tramos finais dos partidos.

ÚLTIMAS

Caballero sobre o Nadal: “A publicidade son eu. Cando a xente ve o meu debuxo, ve Vigo”

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, participou este xoves na VI Convención de Turespaña,...

A Xunta insiste no seu apoio ao Mundial en Vigo pero advirte da falta de planificación do concello

O conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes, Diego Calvo, remitiulle unha carta ao alcalde...

Un inspector de Policía de Vigo denuncia a existencia dun chat policial con información confidencial de persoas e causas policiais

Un xulgado de instrución do Porriño  abriu dilixencias pola actividade dun chat de Telegram...

A protesta pola vivenda en Vigo non deixa de medrar: xa son 60 tendas e ata 40 persoas durmindo cada noite

A acampada pola vivenda en Vigo acada xa as 60 tendas, nas que cada...