InicioPolíticaO BNG vigués reclama máis material de protección para o persoal do...

O BNG vigués reclama máis material de protección para o persoal do Meixoeiro

Aseguran que "só o persoal que atende os 18 casos confirmados de coronavirus, nunha unidade separada, dispón de equipos de protección".

PUBLICADO O

- Advertisement -

O Bloque Nacionalista Galego (BNG) demandou que se dote de Equipos de Protección Individual (EPI) a todo o persoal do Complexo Residencial de Persoas Dependentes de O Meixoeiro e esixiu que se garanta o acceso a información médica dos usuarios ás súas familias dun modo “áxil e completo”.

En declaracións remitidas aos medios, o portavoz local da formación frontista, Xabier P. Igrexas, sinalou que se reclamará por escrito á delegada territorial da Xunta en Vigo, Corina Porro, a adopción de máis medidas que preveñan contagios por COVID-19 nas instalacións de O Meixoeiro.

Neste sentido, asegurou que “só o persoal que atende os 18 casos confirmados de coronavirus, nunha unidade separada, dispón de equipos de protección”.

Ademais, o portavoz da formación frontista en Vigo alertou de que os demais traballadores fabrican este material “con bolsas plásticas de lixo” nun momento no que se efectúan novos test para determinar posibles contagios entre eles.

Así mesmo, Igrexas denunciou que neste contexto de crise sanitaria as familias dos residentes “teñan menos información e de peor calidade” sobre a situación dos segundos que antes da propagación da pandemia. Así, o tamén edil do BNG na corporación municipal esixiu que se remitan os resultados das probas de COVID-19 ás que se someteu aos residentes ás súas familias por escrito, en lugar de comunicalas só por teléfono.

ÚLTIMAS

A Policía de Vigo mantén abertas todas as liñas de investigación polo incendio dun edificio en Cesáreo González

A Policía Nacional de Vigo investiga "con todas as liñas abertas" o incendio ocorrido...

Abel Caballero esixe desculpas a Alfonso Rueda polo atraso do AVE a Porto ata 2039

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, cargou contra o presidente da Xunta, Alfonso Rueda,...

25 de Abril: Unha revolución permanente

O 25 de abril de 1974 foi unha revolución decisiva en Portugal, que acabou...

Tres persoas feridas, unha delas de gravidade, nun incendio nun edificio en Vigo

Tres persoas resultaron afectadas, unha delas de gravidade, tras un incendio nun edificio situado...