InicioSen categorizarA reciclaxe converte os restos florais do Corpus en compost ecolóxico

A reciclaxe converte os restos florais do Corpus en compost ecolóxico

PUBLICADO O

- Advertisement -

Por iniciativa da Concellería de Medio Ambiente que dirixe o Alcalde Xosé Represas, a empresa de recollida de lixo e limpeza FCC ven de depositar tres metros cúbicos de restos florais nas instalacións da empresa ponteareán Ecocelta para o seu tratamento.

Por segundo ano consecutivo, o goberno fai este exercicio de responsabilidade medioambiental, entregando residuos orgánicos para que sexan xestionados por profesionais.

Os restos florias sumaránse aos recibidos ao longo do ano dos restos da poda municipal para obter un compost ecolóxico composto por un 40% de restos vexetais  contribuíndo ademais a xerar unha economia circular.

Estas iniciativas camiñan na liña dos obxectivos marcados na estratexia “Ponteareas, Hábitat Saudable” para un futuro “sostible, responsable e participativo”.

O COrpus de ponteareas chega a canarias

Once alfombristas do Cantón de Boavista acompañados do Alcalde de Ponteareas, Xosé Represas e da concelleira de Comercio, Inés Vidal, representan a Ponteareas na vila da Orotava en Canarias.

Este venres confeccionaron unha alfombra floral de cincuenta metros cadrados na rúa perfilada co capucho da landra de carballo e realizada con urceira verde e negra, pampullo, tuia, rosas e caraveis entre outras flores facilitadas todas pola asociación de alfombristas de La Orotova.

Cun deseño de motivos florais ao estilo Ponteareas a alfombra ponteareá atrapou a ollada dos moitos visitantes que se achegan ao longo desta semana a La Orotova. O Alcalde de Ponteareas destaca a importancia deste estreito irmanamento que enriquece ás dúas cidades e fai que compartan coñecementos e o mesmo gusto pola arte floral.

 

 

ÚLTIMAS

Piden penas de ata 6 anos de cárcere por unha apropiación indebida de 136.000 euros nunha empresa do Porriño

A sección cuarta da Audiencia Provincial de Pontevedra acollerá este martes o xuízo contra...

O BNG de Vigo propón un plan de 9,5 millóns de euros para frear os desafiuzamentos na cidade

O BNG de Vigo reclamou ao Concello a posta en marcha dun plan municipal...

A Fiscalía pide cárcere para un taxista e un albanel por senllas agresións sexuais en Vigo

A sala do Penal 3 de Vigo acollerá este mércores o xuízo contra un...

Piden 25 anos de cárcere para un home por acosar e ameazar de morte a xuíces, policías e avogados de Vigo

Un home enfróntase a penas que suman 25 anos de prisión como suposto autor...