InicioSociedadeSegue á alza o número de persoas que superaron a Covid-19

Segue á alza o número de persoas que superaron a Covid-19

Vigo é a terceira área máis afectada, cunha redución de seis casos.

PUBLICADO O

- Advertisement -

Os pacientes dados de alta en Galicia son xa 1.507, un 3,5% máis que o venres, e os casos aínda activos sitúanse nos 6.147 (+5), segundo os datos da Consellería de Sanidade.

Desta maneira, segue á alza o número de persoas que superaron a enfermidade (+51) e iso contribúe —xunto ao número de persoas falecidas— a que o total de casos activos só crecese en cinco persoas.

A área sanitaria que máis afectados contabiliza é a da Coruña con 1.382 (+11), por detrás atópase Ourense con 1.200 (-7); Vigo con 1.089 (-6); Santiago con 1.030 (=); Lugo con 594 (+3), Pontevedra con 507 (+2) e Ferrol con 345 (=).

En función da asistencia que reciben os pacientes, 115 permanecen na UCI, 598 están en unidades de hospitalización e 5.434 no seu domicilio

A Dirección Xeral de Saúde Pública desta consellería tamén precisou o ata o día de hoxe realizáronse 60.258 PCR.

ÚLTIMAS

Ferida unha muller tras producirse un desprendemento de terra no paseo de Bouzas, en Vigo

Unha muller resultou ferida na mañá deste martes tras producirse un desprendemento de terra...

Así se vivirá o papel da muller na ciencia na UVigo durante todo este mes

Co obxectivo de pór en valor o papel das científicas e de fomentar as...

A Xunta asinará o convenio da ETEA a semana que vén con críticas a Caballero por “oito meses de atraso”

A conselleira de Vivenda e Planificación de Infraestruturas, María Martínez Allegue, celebrou que a...

Mos decreta tres días de loito oficial polo crime machista de Sanguiñeda

O Concello de Mos decretou tres días de loito oficial polo crime da muller...