InicioSociedade"Ao bordo do colapso", así se atopa o persoal de limpeza do...

“Ao bordo do colapso”, así se atopa o persoal de limpeza do Álvaro Cunqueiro

A CIG sinala que a empresa "ocultou" que unha persoa estaba infectada e non solicitou as probas para outra "con sospeitas".

PUBLICADO O

- Advertisement -

O comité de empresa de Acciona, que se encarga da limpeza do Hospital Álvaro Cunqueiro de Vigo e que preside a CIG, denunciou este mércores que o servizo está “ao bordo do colapso”, debido á baixa de varios traballadores infectados por coronavirus.

O sindicato nacionalista sinalou que a empresa “ocultou” que unha persoa estaba infectada e non solicitou as probas para outra “con sospeitas”, polo que “agora xa son seis os afectados”, todos eles membros do comité.

Ante a falta de persoal, incidiron, o servizo atópase “ao bordo do colapso”, ata o punto de que “xa se está descoidando a limpeza de zonas comúns” do hospital.

Así mesmo, o comité sinalou que, ademais da falta de persoal, porque as novas contratacións “son insuficientes”, hai unha ausencia de coordinación co persoal sanitario, que fai que os traballadores de limpeza reciban indicacións “con falta de criterio unificado e razoable”.

O persoal, que se dotou por iniciativa propia de protocolos de actuación ante a falta de indicacións precisas, denunciou que o servizo de prevención da empresa “está desaparecido”, en lugar de estar “a solucionar as cuestións relativas á formación, coordinación co Servizo de Medicamento Preventivo, xestión de baixas do persoal de risco, etc.”. Todas estas circunstancias fan que o persoal de limpeza se vexa “sobrecargado”.

“Tratamos de manter a calma polo ben da cidadanía e pola propia xestión hospitalaria, pero o tempo que tiñamos para previr xa non o temos. Se as autoridades competentes non fan unha análise real da situación deste hospital, en canto a necesidades materiais e humanas, dubidamos de que, no noso ámbito, que son os residuos e a limpeza, podamos conter eficazmente este virus“, sentenciaron desde o sindicato nacionalista.

ÚLTIMAS

Dúas persoas trasladadas ao hospital tras un incendio nunha vivenda en Samil

Dúas persoas tiveron que ser evacuadas este luns a un centro hospitalario por inhalación...

O BNG denuncia “opacidade” no custo do desfile das Forzas Armadas e o peche das Travesas

O BNG de Vigo denuncia a "opacidade" do goberno local de Abel Caballero sobre...

Vigo recibe este martes a súa primeira tripla escala de cruceiros con máis de 7.500 turistas

O Porto de Vigo acollerá este martes, día 22 de abril, a súa primeira...

A Xunta e Vicus Gallaecia analizan os retos da mobilidade e urxen un calendario para o AVE Vigo-Porto

O conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes, Diego Calvo, participou este luns nun encontro...