InicioSociedadeDenuncian "elevados índices de contaxios" entre os sanitarios de Vigo

Denuncian “elevados índices de contaxios” entre os sanitarios de Vigo

CESM acusa á Xunta de "poñer en risco" a vida dos profesionais sanitarios por falta de medios

PUBLICADO O

- Advertisement -

A Delegación da Confederación Estatal de Sindicatos Médicos en Galicia (CESM) esixe ao Sergas que, “con carácter urxente e inmediato”, dote “a todos os centros sanitarios do material imprescindible para unha adecuada protección dos profesionais” co fin de evitar o contaxio e a propagación do Covid-19.

Así, a través dun comunicado de prensa, responsabiliza ao Servizo Galego de Saúde “dos riscos que están a correr os profesionais sanitarios que se enfrontan a diario ao coronavirus sen os mínimos equipos de protección”.

Este sindicato médico lembra que o pasado 18 de marzo remitiu un escrito ás direccións xerais de Recursos Humanos, Asistencia Sanitaria e Recursos Económicos para que “se adoptasen as medidas precisas en canto a dotación orzamentaria, reforzo de persoal e medios materiais cos que facer fronte ao virus e tratar de conter a pandemia”, matizou.

“Unha semana despois os facultativos seguen traballando sen unhas mínimas garantías, sen os EPIs, sen as máscaras FFP2 e FFP3 homologadas e sen as lentes necesarias, e o único que vemos é como se incrementa o número de contaxios e de falecidos, sobre todo nos complexos hospitalarios de Vigo e A Coruña, onde o contaxio esténdese como a pólvora e os equipos de protección non chegan, provocando unha situación de extrema gravidade”, subliña CESM.

ACCIÓNS LEGAIS

Ante esta situación os representantes sindicais non descartan “emprender accións legais contra a Xunta”, advertiu CESM, xa que “se está constatando a diario o incumprimento da Lei de Riscos Laborais, ao ter que traballar os profesionais sanitarios sen as mínimas medidas de protección”.

CESM Galicia manifesta que, aínda que entende que existe un mando único á fronte da crise do Covid-19 en Madrid constituído polo Goberno de España, “o Sergas é quen ten que velar pola integridade dos seus profesionais“, sentenciou.

ÚLTIMAS

“A indiferenza tamén é violencia”: Vigo sae á rúa baixo a choiva para defender as persoas sen fogar

Decenas de persoas protestaron na tarde deste venres en Vigo contra a aporofobia e...

Denuncian a eliminación de vexetación nun humidal de Vigo: “Non hai persoas nin vehículos que circulen baixo esas árbores”

A plataforma veciñal Barreiro Ladra denunciou a realización de rozas nun humidal de Vigo,...

Cayetana Álvarez de Toledo tenta convencer aos vigueses do “cambio necesario” con Feijóo

A número 2 da candidatura do PP por Madrid, Cayetana Álvarez de Toledo, participou...

Zona Franca inclúe na ampliación do polígono de Balaídos un “pulmón verde” de máis de 70.000 metros cadrados

O Consorcio Zona Franca de Vigo avanza co proxecto de ampliación do parque empresarial...