InicioCulturaO estudante vigués Mario Vázquez, gañador no VI Concurso Escolar de Poesía...

O estudante vigués Mario Vázquez, gañador no VI Concurso Escolar de Poesía Rosalía de Castro

PUBLICADO O

- Advertisement -

A Fundación Rosalía de Castro e El Corte Inglés deron este venres a coñecer os gañadores das tres categorías do VI Concurso Escolar de Poesía Rosalía de Castro para o alumnado de Secundaria e Bacharelato, logo da xuntanza do xurado. Os afortunados foron: Mario Vázquez (Vigo), Daniel Souto (Brión) e Fabián Niño (A Fonsagrada).

Esta mañá reuniuse o xurado, formado pola profesora Chus Senín, os escritores Manuel Lorenzo Baleirón e Anxo Angueira (tamén presidente da Fundación Rosalía), ademais de José Manuel Blanco, director de Comunicación e Relacións Externas de El Corte Inglés Galicia, que actuou como secretario.

En cada categoría hai un premio e dous áccesits: o primeiro premio leva un iPad, o primeiro áccesit unha tarxeta regalo por valor de 200 euros, e o segundo outra por valor de 100 euros. Os premios serán entregados o venres día 8 de xuño na Casa-Museo de Rosalía en Padrón ás 19h, onde os premiados e premiadas recitarán os seus poemas.

Velaquí a listaxe completa de premiados e premiadas:

Categoría 1º ciclo da ESO

Gañador: Mario Vázquez, Colexio Andersen, Valadares, Vigo (“Flores de fume”)

1º áccesit: Ainhoa Pereiras, IES Manuel García Barros, A Estrada (“Quen sabe”)

2º áccesit: Marina Collazo Couñago, IES Pedro Floriani, Vilaboa (“Verdades”)

 

Categoría 2º ciclo da ESO

Gañador: Daniel Souto Pazó, IES Brión (“Multiversos”)

1º áccesit: Andrea Sanjurjo Martínez, IES Pobra do Caramiñal (“Tenebris”)

2º áccesit: Laura Domínguez, Colexio Alba, Vigo (“Os carreiros escuros”)

 

Categoría Bacharelato

Gañador: Fabián Niño, IES Fontán Albei, A Fonsagrada (“Pregravitación”)

1º áccesit: Isolda Comesaña, IES Alexandre Bóveda, Vigo (“De pé”)

2º áccesit: María Quinteiro Fagín, IES San Clemente, Negreira (“Decembro”)

 

 

ÚLTIMAS

Caballero levará de novo ao pleno a proposta para que Xunta e Deputación financien voos desde Vigo

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, anunciou que o Goberno municipal volverá presentar unha...

Flor Baena reclama ao Concello de Vigo unha homenaxe oficial ao seu irmán Xosé Humberto

Flor Baena, irmá do vigués Xosé Humberto Baena Alonso, reclamou ao Concello de Vigo...

A viguesa Vanessa Glemsel compite este sábado polo Premio Nacional de Poesía Viva

A poeta viguesa Vanessa Ferreira Rodríguez, coñecida artisticamente como Vanessa Glemsel, participará este sábado na...

As familias do EEI Vila Laura saen á rúa para esixir á Xunta unha profesora de apoio

Nais e pais, docentes e alumnos do EEI Vila Laura de Vigo saíron este...