InicioCulturaVigo, protagonista do Canal Arte nunha viaxe ao centro da ría con...

Vigo, protagonista do Canal Arte nunha viaxe ao centro da ría con Jules Verne

PUBLICADO O

- Advertisement -

“Cantís, praias de area e encantadores pobos costeiros conforman a paisaxe da baía de Vigo, no noroeste de España. Unha terra de carácter que ocupa un lugar de honra na imaxinación e nos escritos de Julio Verne. O escritor foi alí dúas veces, en 1878 e 1884, e namorouse desta baía virxe e dunha cidade á vangarda da modernidade.”

Así é a introducion do programa realizado e producido polo canal de televisión franco-alemán ARTE no que Vigo e a súa ría son o telón de fondo do paso do escritor francés pola cidade olívica.

O xenial escritor adicou un capítulo a “A Baía de Vigo” nun dos seus libros máis famosos, 20.000 leguas de viaxe submarina (1870), alimentando a lenda sobre o tesouro de Rande a través do popular personaxe do Capitán Nemo e o seu famoso Nautilus. Jules Verne coñeceu a cidade olívica tempo despois de escribir a novela a bordo do Saint Michel III .

Non podes imaxinar nada máis admirable que esta baía de Vigo, un inmenso lago rodeado de alturas irregulares, na cima que terminaba con rochas nos camiños pirenaicos …
Atopamos todo na baía de Vigo, incluso o cadáver dunha enorme balea, capturado en alta mar hai uns días no lugar onde se celebra a Festa da Reconquista.

Parte da carte de Jules Verne ao seu amigo Raoul Duval.
Jules Verne, voyage au centre de la baie de VigoInvitation au voyage
Jules Verne, voyage au centre de la baie de VigoInvitation au voyage

ÚLTIMAS

Unha empresa inmobiliaria de Baiona sofre a ira do desahucio de Maricarmen en Madrid

Unha empresa inmobiliaria de recente creación con sede en Baiona viuse obrigada a emitir...

Balaídos terá unha ‘Tribuna Iago Aspas’: Caballero anuncia que levará o nome do xogador e terá unha estatua ao seu carón

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, anunciou que a bancada de Tribuna do estadio...

Vox leva ao xulgado os incidentes nunha mesa informativa en Cangas e estuda accións polo acto frustrado de Santiago

Vox presentou este martes unha denuncia ante a sección de instrución do Xulgado de...

Foanpas denuncia “carencias de profesorado” e “caos” no transporte escolar neste inicio de curso en Vigo

A Federación Olívica de Asociacións de Nais e Pais de Centros Escolares de Vigo...