InicioDeportesO Celta asina o seu peor rexistro goleador en 27 tempadas

O Celta asina o seu peor rexistro goleador en 27 tempadas

O equipo vigués só conseguiu 17 goles en 21 partidos, dos cales sete deles conseguiunos o internacional Iago Aspas.

PUBLICADO O

- Advertisement -

O Celta de Vigo asinou, tras o seu empate sen goles ante o Eibar, o seu peor rexistro goleador das últimas 27 tempadas, con só 17 goles en 21 partidos, dos cales sete deles conseguiunos o internacional Iago Aspas.

O equipo dirixido por Óscar García Junyent atopa na falta de pegada a principal clave que explica a súa crise de resultados; non gaña un partido en Liga desde o 24 de novembro, cando venceu a domicilio ao Vilarreal (1-3).

O seu equipo está pelexado co gol, e de momento a dirección deportiva que lidera Felipe Miñambres non atendeu o seu desexo de fichar un futbolista de ataque. “Hai equipos que teñen xogadores que meten 15, 20 ou 25 goles. Nós, de momento, non temos iso. Fáltanos gol”, lamentou Óscar García tras o empate dos seus ante o Eibar.

Hai que remontarse a principios da década dos noventa para atopar un Celta menos goleador que o actual. Os 17 tantos deste curso só son empeorados polos 16 da tempada 1993-94 e os 13 do curso anterior.

Na xornada 21, o Celta levaba a pasada tempada 33 goles, dos cales 9 fixéraos o internacional uruguaio Maxi Gómez, traspasado o pasado verán ao Valencia. E unha campaña antes, o Celta levaba a estas alturas 38 goles, con 11 do atacante charrúa.

A baixa de Maxi Gómez supliuna o conxunto celeste co regreso de Santi Mina, incluído na mesma operación, e o seu compatriota Gabriel “Toro” Fernández, fichado do Peñarol. O primeiro suma 2 goles e o segundo unicamente marcou un no seu primeiro ano en Balaídos.

ÚLTIMAS

Prisión provisional para a muller detida polo homicidio dun home sen fogar na antiga estación de autobuses de Vigo

A muller detida como presunta autora da morte dun home acoitelado na tarde do...

Caballero, ao coñecer que León impartirá Medicina en 2026: “A Vigo, a Xunta négalle unha facultade. É un escándalo”

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, cargou de novo contra a Xunta de Galicia...

Caballero acusa a Rueda e o PPdeG de deixar a Vigo sen Facultade de Medicina: “É unha pésima noticia”

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, cualificou este venres como unha "noticia pésima"...

A Xunta e o Porto de Vigo dan por finalizada a limpeza da vertedura de aceite de palma na ría

Tras unha semana de traballos de retirada e contención, a Xunta e o Porto...