InicioSociedadeO Concello de Ponteareas anuncia a demolición dun Eroski construído ilegalmente e...

O Concello de Ponteareas anuncia a demolición dun Eroski construído ilegalmente e tras 11 anos de recursos

O Alto Tribunal galego anulou unha licenza concedida en 2002 por un goberno local do PP.

PUBLICADO O

- Advertisement -

O Concello de Ponteareas demolerá un supermercado Eroski situado na parroquia de Angoares, cuxa licenza foi anulada en 2008, e tras rexeitar o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG) o seu último recurso de reposición.

Segundo sinalou o goberno municipal (de BNG e PSOE) a través dun comunicado, os trámites para proceder á derriba xa se iniciaron hai 4 meses e, a día de hoxe, están a realizarse “as xestións para contratar a redacción do proxecto de demolición“. Unha vez redactado ese proxecto, licitaranse e executarán as obras.

O goberno ponteareán, presidido polo nacionalista Xosé Represas, expresou a súa “preocupación” porque, se leva a cabo a demolición, a administración local “podería enfrontarse a reclamacións económicas de enorme contía”. Todo iso pola anulación dunha licenza concedida en 2002 (por un goberno local do PP).

“A única posibilidade de evitar a demolición e os posibles prexuízos económicos para o Concello pasa pola aprobación do Plan Xeral, actualmente en mans da Xunta para a súa aprobación definitiva”, advertiron, e urxiron á Xunta a que dea o visto e prace ao documento urbanístico para evitar “un gravísimo problema” xerado por “gobernos anteriores”.

Finalmente, o goberno de Ponteareas advertiu de que, neste municipio, existen outras instalacións industriais e comerciais en zonas como o Polígono da Lomba, sobre as que tamén pesan ordes xudiciais de demolición, que só se pode evitar como o novo plan.

ÚLTIMAS

A Policía de Vigo mantén abertas todas as liñas de investigación polo incendio dun edificio en Cesáreo González

A Policía Nacional de Vigo investiga "con todas as liñas abertas" o incendio ocorrido...

Abel Caballero esixe desculpas a Alfonso Rueda polo atraso do AVE a Porto ata 2039

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, cargou contra o presidente da Xunta, Alfonso Rueda,...

25 de Abril: Unha revolución permanente

O 25 de abril de 1974 foi unha revolución decisiva en Portugal, que acabou...

Tres persoas feridas, unha delas de gravidade, nun incendio nun edificio en Vigo

Tres persoas resultaron afectadas, unha delas de gravidade, tras un incendio nun edificio situado...